inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

1.1 - Engadir novo alumnado manualmente e crear grupos

Cando premas a opción engadir alumno verás aparecer o seguinte menú:

Nel irás engadindo os diferentes alumnos e alumnas para cada grupo. Por defecto o campo "grupo" aparece cuberto que se teña escollido (se non existe ningún grupo creado aparecerá valeiro).

1.1.1 - Engadir alumnado a un grupo existente:

Se queres engadilo no grupo que aparece/escollido, tan só tes que engadilo

1.1.2 - Engadir alumnado a un grupo qeu non existe: crear un grupo:

A medida que se van engadindo os alumnos iranse creando os grupos correspondentes. Se o nome indicado no campo grupo se corresponde con un grupo xa existente, engadirá a ese alumno/a no grupo, pero se o nome do grupo non existira creará un novo grupo, que automaticamente aparecerá no despregable de grupos/aulas. 

Así pois se queres crear un novo grupo, tan só tes que escribir como "grupo" o que queiras e será creado co alumno/a dentro.

Do mesmo xeito, se ningún alumno ten o nome dun grupo, este desaparecerá do despregable.

Se engades o alumnado a partir dun arquivo CSV (ver apartado específico neste manual), o nome do grupo será creado automáticamente, e poderás modificalo unha vez apareza no despregable.