inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Distribución Recursoseducativos GNU-Linux | Manuais de axuda

10 - Problemas frecuentes

Problema

Solución

O PC non arranca desde o USB

Abre o menú de arranque coa tecla do fabricante (F12, F11, Esc…). Se non aparece o USB, revisa na BIOS/UEFI que o arranque desde USB estea permitido.

Windows pide a clave de BitLocker

Escríbea (gardaches a clave de recuperación antes de instalar). Despois volve activar a protección en Windows.

Non aparece o menú para escoller Windows

Mira na BIOS/UEFI a orde de arranque e pon primeiro recursoseducativos (ou «debian»).

Un programa instalado non sae no menú

Agarda uns segundos ou pecha a sesión e volve entrar.

As Aplicacións da web non aparecen

Na primeira sesión tardan uns segundos; comproba a conexión a Internet.

Chromium está en castelán

É normal: Chromium non ten tradución ao galego. Firefox si a ten.