10 - Problemas frecuentes
|
Problema |
Solución |
|---|---|
|
O PC non arranca desde o USB |
Abre o menú de arranque coa tecla do fabricante (F12, F11, Esc…). Se non aparece o USB, revisa na BIOS/UEFI que o arranque desde USB estea permitido. |
|
Windows pide a clave de BitLocker |
Escríbea (gardaches a clave de recuperación antes de instalar). Despois volve activar a protección en Windows. |
|
Non aparece o menú para escoller Windows |
Mira na BIOS/UEFI a orde de arranque e pon primeiro recursoseducativos (ou «debian»). |
|
Un programa instalado non sae no menú |
Agarda uns segundos ou pecha a sesión e volve entrar. |
|
As Aplicacións da web non aparecen |
Na primeira sesión tardan uns segundos; comproba a conexión a Internet. |
|
Chromium está en castelán |
É normal: Chromium non ten tradución ao galego. Firefox si a ten. |


