inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

1 - Que é o creador de actividades H5P? Onde podo atopalo?

Trátase dun creador intuitivo e moi sinxelo de decenas de tipos de actividades H5P, para empregar na aula virtual do teu centro, no EVA Edixgal, ou en calquera Moodle.

Inclúe un banco de actividades público, coas creacións compartidas polos usuarios/as.

Podes acceder desde "As miñas aplicacións" e buscar o "Crador de H5P"

O banco público sempre está dispoñible incluso para usuarios/as non rexistradas.

A finalidade última é poder crear ou modificar rápidamente actividades en H5P, para usar en Moodle (aula virtual ou EVA), usando un sistema moi intuitivo ao contrario que o sistema nativo de H5P.

Así por exemplo na aplicación traballarás con formularios deste tipo:

Mentras que o nativo de H5P en Moodle sería este, moito máis complexo.

Unha vez creada tan só teremos que usar o arquivo H5P descargado na aula virtual.