inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Xeradores de documentos en pdf | Manuais de axuda

1 - Xerador pdf do calendario escolar

Esta ferramenta xera unha folla A4 en PDF cos doce meses do curso, de setembro a agosto. Debaixo dos meses vai a lista de festivos, días non lectivos e celebracións de Galicia, lista para imprimir ou para pegar na aula.

1. Curso
Escribe o ano no que comeza o curso (por exemplo, 2026) e o ano de remate (2027) ponse só. Tamén podes cambialo coas frechas. Ao abrir a páxina xa vén proposto o curso actual. A partir de xullo, proponse o curso que empeza en setembro. Se escribes un ano que non é válido, a caixa ponse en vermello e avísache.

O calendario inclúe automaticamente os festivos e días non lectivos do curso escollido.

2. Fondo
Escolle un debuxo suave para o fondo da folla (arcos da vella, estrelas, ourizos, paxaros…) ou Sen fondo para deixala en branco. A opción en branco gasta menos tinta. A aplicación lembra no teu navegador o fondo escollido para a próxima vez.

3. Descargar calendario
Descarga o PDF coas opcións que teñas nese momento. O arquivo chámase, por exemplo, calendario_escolar_2026_2027.pdf. Despois de descargalo aparece a ligazón Descargar de novo, por se o necesitas outra vez.

4. Vista previa
Aquí ves a folla exactamente como vai quedar. Actualízase só cada vez que cambias o curso ou o fondo. No calendario:

  • Os días marcados en vermello son as fins de semana, os festivos e os días non lectivos.
  • Na parte de abaixo, en Días non lectivos e celebracións, aparece cada data coa súa explicación. As marcadas en vermello son festivos e días non lectivos (vacacións, Nadal, Entroido…). As marcadas en verde son celebracións e días sinalados que se traballan na escola, pero que son lectivos (Día da Paz, Día das Letras Galegas…).

De onde saen os festivos
O calendario inclúe o calendario laboral de Galicia (festivos estatais e autonómicos) e os días non lectivos do calendario escolar oficial, segundo o calendario de recursoseducativos.net. Os festivos locais do teu concello non van incluídos, porque cambian dun sitio a outro.

Se queres ter estes festivos tamén no teu móbil ou no teu calendario, podes subscribirte desde a app Prográmame ou coa ligazón ao calendario que aparece na páxina.

Este calendario tamén vai incluído na Axenda escolar. Se fas a axenda completa, non fai falta descargalo á parte.