inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Boletíns de novidades e anuncios | Manuais de axuda

Novo creador de actividades H5P en recursoseducativos.net

Estreamos en recursoseducativos.net unha ferramenta nova para preparar actividades interactivas H5P dun modo moi sinxelo. Escolles o tipo de actividade, escribes o contido nun asistente pensado para docentes e vela funcionando ao momento, lista para usar coa túa clase.

Que podes crear?: 

  • Máis de 35 tipos de actividades: tests, encher ocos, parellas, crucigramas, sopas de letras, ordenar, liñas do tempo, ditados, presentacións, libros dixitais, historias con decisións, test de personalidade, realidade aumentada… e moitas máis.

Con intelixencia artificial*:

  • Indica o tema ou pega o teu propio texto (un tema do libro, uns apuntes, unha lectura), escolle o curso e a IA prepara a actividade. Ti revísala e retócala antes de gardar. Funciona en case todos os asistentes, mesmo nas presentacións, nos libros e nas historias con decisións.

Úsaas onde queiras

  • Na Aula Virtual, no EVA de Edixgal ou en calquera Moodle: descarga o arquivo .h5p e súbeo ao teu curso.
  • Cunha ligazón ou un código QR para proxectar na clase. O alumnado non necesita usuario.
  • Incrustadas no teu blog ou na web do centro.

E as notas?

  • Se o teu alumnado ten o carné QR do calendario de aula, identifícase con el antes de comezar e a súa nota gárdase soa. Despois ves os resultados por grupo en «Notas do alumnado», listos para copiar ao teu caderno. Tamén os tes na ficha de cada alumno ou alumna e no menú «Máis» da app.

Un banco de actividades compartidas

  • No Banco da comunidade atoparás as actividades que outros docentes compartiron, organizadas por tipo, etapa e materia. Próbaas, descárgaas e úsaas nas túas aulas. E, se queres, comparte tamén as túas.

Onde podo atopalo?

  • Entra en recursoseducativos.net co teu usuario e busca «Creador de actividades H5P» en «As miñas aplicacións». Para empezar, tes un manual de axuda paso a paso dentro da propia aplicación.

* Lembra que para o uso da intelixencia artificial tes 5 usos ao día, compartidos coas ferramentas de IA de recursoseducativos, incluído Prográmame UDIs. Se eres colaborador de recursoseducativos.net, non tes límite de uso. 

 

App iOS e Android:

  • En iOS a app xa está actualizada á súa ultima versión.  En Android están pendentes de ser aprobadas por Google dúas importantes actualizacións, que agardo poidan aparecen en Google play nas vindeiras semanas (unha vez sexa autorizada por Google a súa distribución)

Reitero o meu agradecemento aos integrantes do Equipo de Colaboradores, que fan posible que a web e os seus servizos sigan adiante. Podes facerte colaborador, e coñecer as vantaxes de selo aquí

🧑‍🤝‍🧑 Únete ao equipo de colaboradores e contribúe no mantemento dos servizos gratuitos e sen publicidade de recursoseducativos.net. Podes facelo no teu perfil de usuario/a ou desde aquí

📰 Lembra que podes consultar os boletíns de novas enviados aquí.

 ❓ Para calquera dúbida ou comentario podes enviar un correo electrónico a info@recursoseducativos.net, facelo no grupo de Telegram ou consultar o “Centro de axuda e soporte” desde aquí

📱 Tamén podes unirte ó grupo de recursoseducativos - prográmame-udis en Telegram, na seguinte ligazón, para manter un contacto directo e deixar as túas dúbidas e suxerencias: https://t.me/recursoseducativosnet