8 - Asistentes de instalación
Os asistentes están no menú principal, na categoría "Asistentes". Todos piden o teu contrasinal cando van instalar algo e amosan unha barra de progreso.
A súa finalidade é a instalación sinxela e rápida de certos servicios e aplicacións de uso cotiá.
Estes son os asistentes que se inclúe na distribución.
|
Asistente |
Para que serve |
|---|---|
|
Engadir etapas |
Instala os programas doutra etapa (Infantil, Primaria, Secundaria, Profesorado). Só mostra as que aínda non tes; cando as tes todas, desaparece do menú. |
|
Instalar Euro-Office |
Instala Euro-Office (Nextcloud Office), unha suite ofimática compatible cos documentos de Microsoft Office. Queda en Ofimática. |
| Sistema de inicio | Escolle que sistema arranca por defecto e o tempo de espera, se tes un arranque dual con windows. |
|
Instalar AutoFirma |
Instala AutoFirma, o programa do Goberno para asinar documentos co certificado dixital. Queda en Electrónica. |
| Instalar dni-electrónico | Instala o software para usar o dni-electrónico tanto en Chromiun como en Firefox |
|
Wi-Fi edu.xunta.gal |
Configura a conexión á rede sen fíos dos centros educativos da Xunta. |
|
Correo edu.xunta.gal |
Configura o correo de edu.xunta.gal en Thunderbird. Se usas outro programa (KMail, Evolution…), mostra os datos para escribilos a man. |
Datos do correo edu.xunta.gal para outros programas:
|
|
Servidor |
Porto |
Seguridade |
Usuario |
|---|---|---|---|---|
|
Entrada (IMAP) |
imap.edu.xunta.gal |
993 |
SSL/TLS |
o teu usuario, sen @edu.xunta.gal |
|
Saída (SMTP) |
smtp.edu.xunta.gal |
587 |
STARTTLS |
o enderezo completo, con @edu.xunta.gal |



