6 - Podo escoitar as radios noutras aplicacións e non só no navegador web?
Por supoposto, podes copiar a "url do stream" que aparece na parte inferior de cada reproductor (aínda que non estea emitindo), e usala na aplicación que prefiras, sempre e cando acepte servizos de streaming de Shoutcast v2.
Esta url do stream será sempre do tipo https://radios.abrir.gal/listen/xxxxx/radio.mp3 (sendo xxxx o nome de usuario da creador da radio), podes conseguila facendo co click co botón dereito sobre - URL do stream - e escoller copiar a URL.
Podes tamén empregar aplicacións como as seguintes, onde engadir os streams (copiar url do stream) destas radios no teu dispositivo móbil (se ben podes facelo sempre desde o navegador web)
- JukeboxPlayer : (en Google play e na App Store) - Pode engadila en "Favorites New Station"
- Tune-in: (en Google play e na App Store). - Podes engadila no apartado Biblioteca Dirección url personalizada.
Podes engadir os Streams de audio no apartado de favoritos.



