inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Distribución Recursoseducativos GNU-Linux | Manuais de axuda

5 - Instalar no Mac con Parallels

Nos Mac con Apple Silicon o sistema fúnciona dentro dunha máquina virtual de Parallels Desktop, xunto a macOS.

  1. En Parallels: Ficheiro → Novo… → Instalar Windows, Linux ou macOS desde unha imaxe e escolle a ISO arm64.
  2. Antes de arrancar, en Configurar: polo menos 4 CPU, 8 GB de memoria e 64 GB de disco.
  3. Arranca a máquina, abre o instalador e escolle Borrar o disco (é o disco virtual, non o do Mac).
  4. Ao rematar, reinicia. Para copiar e pegar entre macOS e o sistema e compartir cartafoles, instala as Parallels Tools: menú Accións → Instalar Parallels Tools.

Se nunha actualización do sistema deixan de funcionar os cartafoles compartidos, volve instalar as Parallels Tools.