4- Escoller a posición dos botóns: superior ou esquerda

Podes rotar a posición dos botóns interactivos do E-panel, escollendo se visualizalos na esquerda ou na parte superior (onde cargan por defecto), de modo que se adapten mellor ao tamaño da pantalla no que se estean a amosar, ou ben á orientación da mesma ( horizontal ou vertical).

Para facelo tan só tes que escoller a icona sinalada na seguinte imaxe, para ir rotando entre unha e outra posición.


Esta elección quedará almacenada no navegador no que se amose o epanel, ata que se borren os arquivos temporais e datos gardados no navegador.