3 - Instalar no PC xunto a Windows (arranque dual)
Podes ter Windows e recursoseducativos GNU/Linux no mesmo ordenador e escoller cal usar ao acender. Antes de instalar, prepara Windows con estes catro pasos.
- Fai unha copia de seguridade dos teus ficheiros nun disco externo ou na nube. A instalación cambia as particións do disco e un erro pode borrar datos.
- BitLocker (disco cifrado). Se o disco está cifrado, garda a clave de recuperación (en aka.ms/myrecoverykey ou desactívao temporalmente para a instalar a distribución, en Configuración → Privacidade e seguridade → Cifrado do dispositivo) e suspende a protección mentres instalas. Sen ela, Windows pode pedir a clave e non arrancar.
- Desactiva o inicio rápido de Windows: Panel de control → Opcións de enerxía → Elixir o comportamento dos botóns de inicio/apagado → desmarcar «Activar inicio rápido». Se non, Windows deixa o disco bloqueado.
- Fai sitio: co botón dereito sobre o botón de inicio > administración de discos, preme co botón dereito na partición C: → Reducir volume e deixa polo menos 50 GB libres.
Despois arranca desde o USB e abre o instalador.
Na pantalla de particións elixe "substituir partición" e escolle a valeira, para Instalar xunto a Windows.
Ao rematar, cada vez que acendas verás un menú para escoller recursoseducativos GNU/Linux ou Windows.
Podes escoller que opción carga por defecto, usando o asistente de configuración "sistema de inicio" entrando na distribucion "recursoseducativos Gnu-linux"





