2.2 - Como emitir online desde o meu teléfono móbil ou tableta?

Do mesmo xeito que podes emitir desde un ordenador, tal como se indica no punto anterior, tamén podes facer unha emisión online na túa radio usando un smartphone ou unha tablet, tanto sexan iOS (iphone, ipad) como Android.

Precisarás instalar algunha destas APP, compatibles coa emisión de shoutcast v2:

  • iOS: Izicast ( 8,99 euros - pago único para tódolos teus dispositivos iphone, ipad, mac co mesmo ID de Apple )
  • Android: MediaCast (gratuita)


Configurar MediaCast (Android):

Accede ao menú de xestión na esquerda para configurar a túa radio (para emitir deberás empregar posteriormente o botón conectar)


Dentro do menú lateral escolle Axustes (settings)



Como servidor escolle shoutcat v2


Na lapela de configuración de shoutcast, introduce os datos da túa radio (as miñas aplicacións - a miña radio)


Xa podes comezar a emitir co botón CONNECT, tal como se comentou anteriormente.


Configurar Izicast (iOS - iphone e ipad):

Usa o botón ADD para engadir a túa radio, cos datos que atoparás en As miñas aplicacións a miña radio.

Posteriormente empregarás o botón de PLAY para comezar a emisión.



Escolle Shoutcast v2 como servidor, completa os datos da túa radio, e preme gardar (save)


Xa podes comezar a emitir co botón PLAY, tal como se comentou anteriormente.


Lembra que desde que comezas a emitir desde a aplicación, poden tardar uns segundos ata que se emita online e se cargue o buffer.