2 - Estructura e partes da aplicación: Asistentes rápidos e lista de actividades.
A aplicación amosa as actividades H5P de dous modos:
- Asistentes rápidos: agrupacións de actividades que usan o mesmo texto ou datos introducidos. É dicir se escribes unha lista de palabras, baixo ese "asistente" poderás alternar entre as actividades que poden empregalas sen ter que escribilas novamente.
Na parte inferior de cada asistente podes ver as "actividades H5P independentes" que inclúe. Cada icona se corresponde coa da propia actividade (no listado inferior)
- Lista de actividades independentes: Lista de tódalas actividades individuais dispoñibles, son as mesmas que están agrupadas nos "asistentes rápidos", pero listadas de forma individual.
Ademais de incluír a mesma icona que aparece nos "Asistentes rápidos", inclúe cada actividade sola: se está nun asistente rápido se serve para dar notas (cualificar en Moodle/Aula virtual/EVA) e se ten acceso ao modo "avanzado" (o editor nativo de H5P que se usa en Moodle, por se queres usalo en lugar do sinxelo e rápido)
Cando entres na aplicación atoparás todos estes elementos:
- 0 - Premenndo no título volverás sempre a esta pantalla principal.
- Botón de acceso "as túas actividades": premendo nel verás as actividades que teñas creadas, para poder editalas, descargalas ou borralas.
- Acceso ao banco da comunidade: Poderás ver o listado de actividades compartidas voluntariamente polos usuarios e usuarias da aplicación.
- Acceso a este manual de axuda.
- Categorías de "Asistentes rápidos": poden verse todos ou agrupados segundo diferentes categorías (cada unha indica cantas inclúe)
- Buscador: busca entre os Asistentes rápidos e entre as actividades de modo individual.
- Asistentes rápidos dispoñibles: lembra que dentro de cada asistente hai varias actividades H5P que poden compartir os mesmos datos que introduzas, podendo alternar entre elas usando os mesmos datos.
- Lista de actividades individuais dispoñibles: as mesmas que aparecen agrupadas nos asistentes, pero listadas de modo individual.






