1.3 - Etiquetando os nosos libros: Creando etiquetas co número e código QR do libro

Cando teñamos introducidos os nosos libros na aplicación, que obviamente poderán ir ampliándose e modificándose co tempo, deberemos enumerar os nosos libros segundo están almacenados na aplicación.

Desde a propia aplicación podes xerar as etiquetas para recortar e pegar, todas elas incluirán o código QR de cada libro, que logo poderá ser empregado desde un móvil coa aplicación correspondente para ver datos do libro e para rexistrar o préstamo a un alumno/a, tan só escaneando o código da etiqueta.



Conseguirás unha etiqueta que poderás recortar e pegar, xunto coa portada, de cada un dos libros que escollas nos respectivos menús. Esta etiqueta podes pegala nos libros de xeito que logo, cando se scanee o código QR cunha aplicación móvil axeitada, poida accederse, por exemplo por parte das familias ós datos de dito libro (introducidos no apartado de xestión),

Tamén poderemos coñecer, usando o mesmo procedemento, quen ten prestado ese libro neste momento, xa que aparece entre os diferentes datos. Tamén o poderíamos ver desde a xestión da biblioteca, pero así pode ser moito máis rápido de saber se tamén temos os código nos lugares onde se gardan os libros.

     




Podes tamén pegar os mesmos números cos correspondentes códigos, nos estantes onde se gardan os libros, de xeito que sexa doado de saber cal falta e pode escanealo co seu código e saber quen o ten en cada momento.

Esto poderán facelo tamén de forma autónoma os alumnos/as se así o consideramos.

Podes usar o lector de códigos QR da aplicación prográmame-UDIS ou calquera outro que teñas no teu dispositivo, se ben para poder facer o rexistro dos préstamos terás que facelo, necsesarimente usando a citada aplicación.