1.2 - Importar/exportar lista de alumnos/as a cun arquivo CSV

Ademais de introducir manualmente a lista de alumnos/as, tamén é posible cargar a lista do alumnado e grupos a partir dun arquivo CSV (Calc de libreoffice ou Excel de Office).


Que estrutura ten que ter o arquivo CSV?:

Este arquivo CSV deberá ter a estrutura que se indica de seguido, para poder ser correctamente interpretado por prográmame e que os datos sexan cargados correctamente:

Debe incluír as seguintes columnas:

nome - data nacemento - curso - grupo - telefono 1 - telefono móbil - telefono pai - telefono móvil pai - telefono nai - telefono móvil nai - email

Tendo en conta que a primeira fila - liña 1 -  (co encabezado das táboas), non será lida durante a importación)


Podo crear un arquivo CSV desde un dos meus grupos de recursosducativos.net?

Este arquivo CSV pode ser tamén xerado tras ser exportado por outro usuario desde recusoseducativos, de xeito que poidas volcar a súa lista de alumnos (esto pode ser útil para os especialistas que poderían solicitar ós titores que exportasen a súa lista de alumnos nun arquivo CVS desde recursoseducativos, para logo utlizalo)


Podo usar arquivos CSV xerados desde outras aplicacións?

Sempre e cando o arquivo teña as columnas indicados anteriormente, na mesma orde, poden ser usados sen problema (p.e. xerador do XADE)

Se precisas máis información ó respecto, podes consulta por mail a info@recursoseducativos.net ou no grupo de telegram.

  

Importar un grupo: Como creo un novo grupo a partir do arquivo CSV?

Cando teñas o arquivo CSV tan só terás que entrar en xestión do alumnado e subir dito arquivo no menú correspondente.


 

Exportar un grupo: Como creo e descargo un arquivo CSV do meu grupo?

Para exportar a lista de alumnos/as de un grupo a un arquivo CVS, tras elexir o grupo en cuestión no desplegable haberá que escoller a opción exportar grupo como arquivo CVS, ese novo arquivo incluirá só o nome do grupo, nome do alumno e data de nacemento (no se inclúe nin as imaxes nin as cualificacións asociadas en programame)


Ten en conta que cando exportes un arquivo CVS desde prográmame, este incluirá tamén a asignación de fotografías que teña cada alumno/a, no caso de estar subidas. Cando se empregue ese arquivo para importar copiará as imaxes orixinais asignándoas os novos alumnos/as do novo grupo polo que pasarán a ser independentes das do grupo de orixe. Por esta razón se empregas un arquivo CVS dun grupo que xa non existe nese momento, ou no que as imaxes foron cambiadas desde a creación do CVS, estes cambios veranse cando se importe o grupo desde o arquivo. Por exemplo se o grupo de orixe xa non existe, non se poderán copiar as imaxes de cada alumno/a ó non ser posible recuperalas do grupo orixinal.

Exportar un grupo pode servir tamén para ter unha copia de seguridade dun grupo en cuestión, posto que poderías importalo en calquera momento.


Podes ver de seguido, neste vídeo, como funciona o proceso de exportación e importación en tempo real.