1 - Para que serve a pantalla e-panel?

O E-panel permite amosar nunha pantalla os datos obtidos das seguintes aplicacións, para cada un dos grupos de alumnos/as que teñas creados.

  • Calendario online do que se obteñen os datos das iconas e eventos marcados no mesmo.
  • Estatística do tempo atmosférico rexistrado no calendario online.
  • Libros da aplicación biblioteca online, sinalando os que están prestados ou non.
  • Temperatura e tempo meteorolóxico actual, obtido das APIs oficiais de  Meteogalicia e Open-meteo.
  • Debuxos realizados polo alumnado no calendario de aula, de modo aleatorio, para o grupo escollido.

A finalidade deste servizo, que podes atopar no apartado -As miñas aplicacións- unha vez teñas accedido co teu usuario e contrasinal, é empregalos en pantallas á disposición do alumnado, para amosar de modo informativo dita información, sen ter que acceder co seu carnet QR, nin cos datos de acceso persoais do usuario rexistrado.



Desde os botóns de acceso superior podes ir alternando entre as diferentes opcións, se ben por defecto cargará aquela que sinales como de primeira carga, tal como se sinala na seguinte páxina deste manual.


Consulta o funcionamento das diferentes ferramentas das que se obteñen os datos para o e-panel, asi como da xestión de grupos, nos respectivos manuais de cada unha delas, presentes todos eles neste mesmo centro de axuda e soporte.