inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

1 - Creación de grupos, engadir e xestionar o alumnado.

Lembra que tamén podes xestionar o alumnado na APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes.

A introdución do dos datos do alumnado pode facerse de forma manual ou automática, importando os datos empregando un arquivo CSV que podemos crear nós mesmos seguindo a plantilla que se pode descargar, ou o xerado por outro usuario. Nos seguintes apartados explicarase como facelo de ámbalas dúas formas

Podes xestionar os teus grupos de alumnos/as accedendo por dúas vías. Estes datos serán empregados por diferentes aplicacións de recursoseducativos como o calendario, prográmame-udis...

Desde a opción dispoñible en "As miñas aplicacións"

 

Tamén podes acceder desde Progámame-UDIS dentro do apartado "Alumnado e grupos" > "xestionar alumnado"

Lembra ter en conta...

  • Revisa o protocolo da lei de Protección de datos en centros educactivos de Galicia, sobre a propiedade dos datos do alumnado e familiares en: Consultar o protocolo de Protección de datos
  • Sempre podes empregar datos ficticios do tipo alumno 1.. etc, en caso de non contar coa autorización das familias para facelo.
  • En todo caso estes datos só poderán ser vistos e xestionados polo usuario que os creou, e en ningún caso serán públicos.
  • Non é preciso completar tódolos campos, os únicos obrigatorios son os de nome e grupo.