1 - Como uso o xogo de discriminación visual?
Cada exercicio pide algo diferente, por exemplo «Busca as imaxes iguais ao modelo». O alumnado ten que fixarse ben e tocar as imaxes correctas, co dedo ou co rato.
Como se xoga
- Á esquerda, no recadro verde, está o modelo (nalgúns exercicios é un debuxo). Noutros non hai modelo, e o propio título explica o que hai que buscar.
- Á dereita están as imaxes para escoller.
- Se a imaxe tocada é correcta, ponse en cor, cun bordo verde e un ✓.
- Se non é correcta, a imaxe abanéase cun bordo vermello e pódese seguir probando.
- Cando se atopan todas, aparece CORRECTO!, con aplausos se o son está activado, e tres botóns: Anterior, Repetir e Seguinte.
1. Tipos de xogo
Os exercicios están agrupados por tipo. O número que vai ao lado de cada tipo indica cantos exercicios ten.
- Todas: todos os exercicios seguidos.
- Iguais: buscar as imaxes iguais ao modelo.
- Repetidos: atopar as imaxes que se repiten.
- Cal sobra: descubrir a imaxe que non encaixa coas demais.
- Conceptos: traballar conceptos básicos.
- Mix e M2: outras coleccións de exercicios.
Ao escoller un tipo, empézase polo primeiro exercicio dese grupo.
2. Ver todos
Abre á dereita a lista de exercicios do tipo escollido, cunha miniatura e o título de cada un. O exercicio actual aparece marcado. Preme calquera para ir directamente a el. Para pechar a lista, preme a ✕, fóra da lista ou a tecla Esc.
3. Son
Activa ou desactiva os aplausos ao acertar o exercicio. O altofalante riscado indica que o son está apagado. A aplicación lembra esta opción no teu navegador.
4. Pantalla completa
Pon o xogo en pantalla completa, sen a cabeceira da web. Os tipos de xogo quedan arriba e o exercicio baixa á parte de abaixo da pantalla, para que o alumnado chegue ben no encerado dixital. Ademais:
- Podes pasar dun exercicio a outro sen saír da pantalla completa.
- Se o exercicio queda nun sitio incómodo, arrástrao pola súa cabeceira (onde está o título e a icona das catro frechas) para levalo a onde queiras.
- Facendo dobre clic na cabeceira, volve ao seu sitio.
Para saír, preme outra vez o botón ou a tecla Esc.
5. Anterior
Volve ao exercicio anterior. Ao lado ves en que tipo estás e en que exercicio vas (por exemplo, «Todas · 1 de 136»).
6. Volver comezar
Recomeza o mesmo exercicio desde cero. Nalgúns exercicios as imaxes cambian de orde cada vez.
7. Seguinte
Pasa ao exercicio seguinte. Despois do último, volve ao primeiro.
8. Atopadas
Cando hai que atopar máis dunha imaxe, aquí ves cantas levas e cantas faltan. Cada acerto acende un dos puntos. Se o exercicio só ten unha resposta correcta, este contador non aparece.



