inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Buscador lexislativo | Manuais de axuda

1 - Como se usa o buscador lexislativo?

Accede ao buscador lexislativo desde o menú superior

 

O buscador reúne a normativa educativa que afecta a Galicia: a publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), a normativa estatal do Boletín Oficial do Estado (BOE) e a guía de normativa da Consellería en edu.xunta.gal. Actualízase todos os días. Todo funciona ao momento: os resultados cambian mentres escribes ou premes nos filtros, sen ter que darlle a ningún botón de «Buscar».

Busca e filtros

1. Última actualización. Indica cando se revisaron por última vez os boletíns e cantas normas hai no buscador.

2. Buscar tamén dentro do texto das normas. Marcado (por defecto), o buscador tamén mira dentro dos artigos de cada norma, non só no título. Debaixo de cada resultado amósase o anaco do artigo onde aparece o que buscaches, coas palabras marcadas en amarelo. Para buscar no texto hai que escribir polo menos 3 letras.

3. Caixa de busca. Escribe palabras («avaliación primaria», «xornada», «comedor»), o número dunha norma («105/2014») ou un ano. Non importan os acentos nin as maiúsculas, e amósanse as normas que conteñen todas as palabras. Co botón ✕ bórrase a busca.

4. Só vixentes. Activado por defecto: agocha as normas derrogadas e as temporais que xa caducaron. Desactívao se queres consultar tamén a normativa antiga.

5. Rango. Filtra por tipo de norma: leis, decretos, ordes, resolucións, instrucións ou outras. O número ao lado indica cantas hai de cada tipo cos filtros que tes escollidos.

6. Etapa. Amosa só a normativa de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato. Inclúe as normas específicas desa etapa e as que a nomean no título ou no resumo.

7. Fonte. Escolle de onde vén a norma: o DOG (normativa galega), o BOE (normativa estatal) ou edu.xunta.gal (instrucións e documentos da Consellería que non se publican nos boletíns).

8. Guía da Consellería. Con «Si» amósanse só as normas que a propia Consellería recolle na súa guía de normativa: é a normativa de referencia do curso. O número entre parénteses indica cantas hai cos filtros actuais.

9. Categoría. Agrupa as normas por temas: currículo e avaliación, organización de centros, profesorado, convivencia, formación profesional… O número de cada categoría indica cantas normas hai nela. «Todas» quita o filtro.

10. Últimas incorporacións e novidades. As normas que entraron no buscador ou cambiaron de estado nos últimos 30 días. Só se ve cando non estás buscando nin filtrando nada.

11. Copiar ligazón destes resultados. Copia unha ligazón coa busca e os filtros que tes escollidos. Ao abrila, outra persoa verá exactamente os mesmos resultados. É útil para compartir normativa co claustro ou co equipo de ciclo.

Cada norma

12. Datos da norma. Rango e número, onde e cando se publicou, e o seu estado:

  • Vixente: está en vigor.
  • Modificada: está en vigor, pero outra norma cambiou parte do seu texto.
  • Derrogada: xa non está en vigor.
  • Temporal: só vale para un curso ou un ano; indícase ata cando.

Ademais, Nova marca as incorporacións recentes e Guía Consellería as normas que están na guía da Consellería. Debaixo vén o título completo e un resumo do que regula e a quen afecta.

13. Categorías da norma. Os temas e as etapas da norma. Se premes nun deles, o buscador filtra por esa categoría ou etapa.

14. Ver no DOG / BOE / edu.xunta.gal e PDF. Ligazón directa á publicación oficial (en azul o DOG, en vermello o BOE e en verde edu.xunta.gal) e ao PDF.

15. Normas relacionadas. Despregase unha lista de normas vixentes que tratan o mesmo tema: por exemplo, o decreto que desenvolve unha orde, ou as normas da mesma etapa e categoría. Premendo nunha, vese esa norma. Co botón «Volver ao listado» regresas aos resultados.

16. Derrogacións e modificacións. Indica que outras normas derroga, modifica ou corrixe esta norma, e se outra norma posterior a derrogou ou modificou («Derrogada por…», «Modificada por…»). Premendo no nome vas a esa norma. Con «ver texto» ábrese o artigo exacto onde se fai a derrogación ou a modificación.

Aviso

A información do buscador é orientativa. O texto con validez legal é sempre o publicado no boletín oficial ligado en cada norma. O botón «Que fai este buscador?» explica de onde saen os datos.