Novidades en PROGRÁMAME:
- Engadiuse unha nova "lapela" denominada DIARIO DE CLASE, na que se pode distribuir o traballo para cada unha das sesións dos diferentes días da semana. Cada sesión pode "encherse" con exercicios/actividades importadas directamente desde as UDI que se teñan creadas no cartafol ou ben creadas de forma manual como un "exercicio novo". En ámbolos casos poden indicarse que estándares e contidos se traballan, se ben se opta por importar un exercicio dunha UDI do cartafol estes estarán xa marcados automáticamente segundo se teñan elexidos na UDI da que foron importados. Finalmente poderás xerar un diario de clase en forma de táboa ou/e en forma de documento extendido onde se inclúen tamén os estándares e contidos traballados en cada exercicio así como outra serie de campos. Revisa o punto 8 do novo manual de usuario para máis información sobre o funcionamento desta nova funcionalidade.
- Actualizouse o manual de usuario para incluír un novo apartado referido ó funcionamento da nova "lapela": DIARIO DE CLASE.
- Realizouse un pequeno axuste nas UDI xeradas incluíndo ahora, no apartado de tarefa, ademais da descrición da mesma o título da tarefa en cuestión.
Para calquera dúbida ou erro, especialmente en relación a esta nova funcionalidade de DIARIO DE CLASE, non dubides deixala neste foro ou no correo info@recursoseducativos.net
**Novidades en PROGRÁMAME:**
- Engadiuse unha nova "lapela" denominada **DIARIO DE CLASE**, na que se pode distribuir o traballo para cada unha das sesións dos diferentes días da semana. Cada sesión pode "encherse" con exercicios/actividades importadas directamente desde as UDI que se teñan creadas no cartafol ou ben creadas de forma manual como un "exercicio novo". En ámbolos casos poden indicarse que estándares e contidos se traballan, se ben se opta por importar un exercicio dunha UDI do cartafol estes estarán xa marcados automáticamente segundo se teñan elexidos na UDI da que foron importados. Finalmente poderás xerar un diario de clase en forma de táboa ou/e en forma de documento extendido onde se inclúen tamén os estándares e contidos traballados en cada exercicio así como outra serie de campos. Revisa o punto 8 do novo manual de usuario para máis información sobre o funcionamento desta nova funcionalidade.
- **Actualizouse o manual de usuario** para incluír un novo apartado referido ó funcionamento da nova "lapela": DIARIO DE CLASE.
- Realizouse un **pequeno axuste nas UDI xeradas** incluíndo ahora, no apartado de tarefa, ademais da descrición da mesma o título da tarefa en cuestión.
Para calquera dúbida ou erro, especialmente en relación a esta nova funcionalidade de DIARIO DE CLASE, non dubides deixala neste foro ou no correo info@recursoseducativos.net
Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com