Boletín de novidades do 25 de outubro de 2026 en recursoseducativos.net
Estas son as últimas novidades das diferentes aplicacións de recursoseducativos.net, incluída prográmame-UDIS:
Antes de nada reitero o meu agradecemento aos integrantes do Equipo de Colaboradores, que fan posible que a web e os seus servizos sigan adiante. Podes facerte colaborador, e coñecer as vantaxes de selo aquí
En recursoseducativos.net:
- Actualizado o calendario escolar cos festivos estatais e autonómicos, para o curso 2026-2027, de aplicación en tódalas aplicacións e servizos da web.
Programame-udis:
- Renovación total (modernización e reconstrución profunda), con mellora de funcionalidades de toda a aplicación e dos documentos xerados.
- Reelaboración do apartado do caderno docente (tamén na app)
- Aumento das funcionalidades de Intelixencia artificial na creación de UDI-UD, agora tamén no apartado de avaliación.
- Dispoñible o currículo de tódalas areas/materias das catro etapas, ,que figuran nos respectivos currículos oficiais.
- Actualizado o manual de axuda coas novidades incorporadas.
Dicionario online:
- Cando se amosa o pdf para imprimir, inclúese un botón intuitivo para abrir o menú de impresión.
- Engadido unha terceira opción para xerar a imaxe grande e as pequenas no mesmo pdf.
Os meus arquivos e xestión do alumnado:
- Actualizado o sistema de creación de cartafoles e subcartafoles, mover arrastrando arquivos.
- Novo deseño en ámbolos dous servizos.
A mina radio online:
- Actualizado e optimizado o sistema, migrándoo a AzuraCast, revisa os datos de conexión da túa radio, se a tiñas creada; posto que precisas agora un usuario:contrasinal para poñer en BUTT. Atoparalo, xunto aos demais datos, na zona de configuracion da túa radio.
App iOS e Android:
- Actuación gradual en en Google Play e na AppStore da app... en canto estea toda a reconstrución da app dispoñible será indicado nun boletín coma este. Ata entón podes ir instalando as sucesivas actualizacións.
🧑🤝🧑 Únete ao equipo de colaboradores e contribúe no mantemento dos servizos gratuitos e sen publicidade de recursoseducativos.net. Podes facelo no teu perfil de usuario/a ou desde aquí
📰 Lembra que podes consultar os boletíns de novas enviados aquí.
❓ Para calquera dúbida ou comentario podes enviar un correo electrónico a info@recursoseducativos.net, facelo no grupo de Telegram ou consultar o “Centro de axuda e soporte” desde aquí
📱 Tamén podes unirte ó grupo de recursoseducativos - prográmame-udis en Telegram, na seguinte ligazón, para manter un contacto directo e deixar as túas dúbidas e suxerencias: https://t.me/recursoseducativosnet