Escoitar e xogar e unha ferramenta, sen necesidade de rexistro, que pode empregarse como complemento para ó traballo na aula da:
- Conciencia léxica
- Conciencia silábica
- Conciencia fonémica
O xogo/ferramenta organiza as diferentes acividades propostas, en torno ás tres categorías mencionadas. O número de actividades propostas poderá incrementarse ó longo do tempo.

Esta ferramenta pon o foco en escoitar, polo cal a non se amosan máis que elementos icónicos e sons, sen outro tipo de imaxe que puidese distraer a atención auditiva.
Poderás en todas as actividades, que contan cunha estructura similar:
- Usar frases/palabras da lista incorporada (tanto en galego como en castelán)
- Usar as frases e palabras que escribas manualmente.
Consulta ó ultimo apartado deste manual para ver as limitacións técnicas, e recomendacións, para o seu uso.