Despois de ter engadida unha das opcións más solicitadas polos usuarios de Prográmame, tal como se informou no boletín de novidades anterior, poder incluír saltos de liña nas UDIs e no Caderno de clase; na última actualización de prográmame leváronse a cabo os seguintes cambios:
- Xa podes "ordenar" os exercicios/actividades ou elementos "sen clase" dentro das diferentes sesións do Caderno de Clase, empregando uns novos botóns que foron incluídos para tal fin. Podes descubrir o doado que é de empregar visualizando o seguinte vídeo de axuda: https://www.youtube.com/watch?v=INR3y9xOwok&index=4&list=PLF_NqnZs0DNH3w8i_U9LBn8lTazt8BGYx
- Podes empregar "saltos de liña" no diario de clase (agás no título do exercicio e actividade) e que estes sexan incluídos nos documentos xerados (tanto táboa como diario completo)
- Actualizouse o manual de usuario para incluír as novidades destes días.
- Incluíuse un novo vídeo, o que se cita no primeiro punto, nos mini-manuais en vídeo dispoñibles na nosa cale de youtube (ós que podes acceder sempre que o precises desde o botón da parte inferior dereita de Prográmame)
- Incluíuse un aviso cando se crea unha semana no diario de clase e non se ten creado ningún cartafol avisando deste feito, impedindo que a semana poida crearse.
Lembra que podes facer chegarnos as túas dúbidas, problemas ou suxestións ben neste foro ou por correo a info@recursoseducativos.net.
Despois de ter engadida unha das opcións más solicitadas polos usuarios de Prográmame, tal como se informou no boletín de novidades anterior, poder incluír saltos de liña nas UDIs e no Caderno de clase; na última actualización de prográmame leváronse a cabo os seguintes cambios:
- Xa podes** "ordenar" os exercicios/actividades ou elementos "sen clase" dentro das diferentes sesións do Caderno de Clase**, empregando uns novos botóns que foron incluídos para tal fin. Podes descubrir o doado que é de empregar visualizando o seguinte vídeo de axuda: https://www.youtube.com/watch?v=INR3y9xOwok&index=4&list=PLF_NqnZs0DNH3w8i_U9LBn8lTazt8BGYx
- Podes empregar "saltos de liña" no diario de clase (agás no título do exercicio e actividade) e que estes sexan incluídos nos documentos xerados (tanto táboa como diario completo)
- Actualizouse o manual de usuario para incluír as novidades destes días.
- Incluíuse un novo vídeo, o que se cita no primeiro punto, nos mini-manuais en vídeo dispoñibles na nosa cale de youtube (ós que podes acceder sempre que o precises desde o botón da parte inferior dereita de Prográmame)
- Incluíuse un aviso cando se crea unha semana no diario de clase e non se ten creado ningún cartafol avisando deste feito, impedindo que a semana poida crearse.
Lembra que podes facer chegarnos as túas dúbidas, problemas ou suxestións ben neste foro ou por correo a info@recursoseducativos.net.
Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com