NOVIDADES E ANUNCIOS
Novidades en recursoseducativos.net do 20/11/2016
  • Engadiuse un novo apartado con VÍDEO-TITORIAIS como complemento do manual de usuario. Trátase dunha canle de youtube onde, organizados en diferentes listas de reprodución, podes atopar pequenos vídeo-titoriais, duns poucos minutos, das accións máis relevantes e preguntas máis frecuentes en prográmame. Podes acceder a estes vídeos en calquera momento desde o botón ó lado do dispoñible para descargar o manual de usuario (na parte inferior dereita de prográmame), ou directamente entrando na canle de youtube de recursoseducativos.net e entrando nas listas de reprodución (cada lista correspóndese a cada unha das lapelas principais da aplicación). Lembra que podes comentar cada vídeo ou propoñer novos vídeos que poidan ser do teu interese sobre opcións dispoñibles en prográmme. Periódicamente estanse a actualizar a cantidade de vídeos dispoñibles, queres estar ó día e ser avisado con cada novo vídeo dispoñible tan só tes que subscribirte á canle de youtube de recursoseducativos.net: https://www.youtube.com/channel/UCviog7HdnD0DBpKq2qxUD4A/playlists?flow=list&sort=da&view=1
  • Nas diferentes listas de estándares (cartafoles, UDIS...) aparecen agora, ademais de os cadrados de cores correspondentes a cada UDI na que se traballa, un indicador do tipo XS (sendo X un número), que sinala as veces nas que este estándar está presente no diario de clase. Deste xeito podes controlar que estándares estás a traballar tanto dentro das tarefas (UDIs) como no diario de clase.
  • Na lapela UDIS > actividades engadiuse a opción de limpar estándares e contidos da actividade, esta opción é útil para cando se copie unha UDI pública ou non e se queiran "reciclar" as actividades e exercicios pero con outros estándares e contidos diferentes (por exemplo doutro nivel)
  • Xa podes mover as túas UDIS a outros cartafoles compartidos contigo (ata agora só era posible movelas dentro dos cartafoles dos que foses creador - propietario) Podes xerar o modelo de ACS de estándares, sen incluír a avaliación inicial se así o desexas, tan só desmarcando a opción correspondente no menú de xerar. Neste caso incluíranse só os estándares, a acción levada a cabo con cada un e o estándar adaptado de ser o caso.
  • Solucionouse un erro no diario de clase polo que, en determinadas circunstancias, non cargaban os botóns as áreas de ESO e bacharelato nos diferentes niveis á hora de escoller estándares.
  • Solucionouse un erro na elección de contidos dos exercicios nas UDIS polo que, en determinadas circunstancias, non cargaban automáticamente os mesmos e era necesario voltar a premer o botón do nivel para amosalos.
  • Actualizouse o manual de usuario con estas incorporacións.

Lembra que podes facer chegar as túas dúbidas, problemas ou suxestións a info@recursoseducativos.net ou ben neste mesmo foro así como comentando nos diferentes vídeo-titoriais na canle de youtube.

- Engadiuse un **novo apartado con VÍDEO-TITORIAIS** como complemento do manual de usuario. Trátase dunha** canle de youtube onde, organizados en diferentes listas de reprodución, podes atopar pequenos vídeo-titoriais, duns poucos minutos, das accións máis relevantes e preguntas máis frecuentes en prográmame**. Podes acceder a estes vídeos en calquera momento desde o botón ó lado do dispoñible para descargar o manual de usuario (na parte inferior dereita de prográmame), ou directamente entrando na canle de youtube de recursoseducativos.net e entrando nas listas de reprodución (cada lista correspóndese a cada unha das lapelas principais da aplicación). Lembra que podes comentar cada vídeo ou propoñer novos vídeos que poidan ser do teu interese sobre opcións dispoñibles en prográmme. Periódicamente estanse a actualizar a cantidade de vídeos dispoñibles, queres estar ó día e ser avisado con cada novo vídeo dispoñible tan só tes que subscribirte á canle de youtube de recursoseducativos.net: https://www.youtube.com/channel/UCviog7HdnD0DBpKq2qxUD4A/playlists?flow=list&sort=da&view=1 - Nas **diferentes listas de estándares (cartafoles, UDIS...) aparecen agora, ademais de os cadrados de cores correspondentes a cada UDI na que se traballa, un indicador do tipo XS (sendo X un número), que sinala as veces nas que este estándar está presente no diario de clase.** Deste xeito podes controlar que estándares estás a traballar tanto dentro das tarefas (UDIs) como no diario de clase. - Na** lapela UDIS > actividades engadiuse a opción de limpar estándares e contidos da actividade**, esta opción é útil para cando se copie unha UDI pública ou non e se queiran "reciclar" as actividades e exercicios pero con outros estándares e contidos diferentes (por exemplo doutro nivel) - Xa podes **mover as túas UDIS a outros cartafoles compartidos contigo** (ata agora só era posible movelas dentro dos cartafoles dos que foses creador - propietario) Podes xerar o modelo de ACS de estándares, sen incluír a avaliación inicial se así o desexas, tan só desmarcando a opción correspondente no menú de xerar. Neste caso incluíranse só os estándares, a acción levada a cabo con cada un e o estándar adaptado de ser o caso. - Solucionouse** un erro no diario de clase** polo que, en determinadas circunstancias, **non cargaban os botóns as áreas de ESO e bacharelato** nos diferentes niveis á hora de escoller estándares. - Solucionouse un **erro na elección de contidos dos exercicios nas UDIS** polo que, en determinadas circunstancias, **non cargaban automáticamente os mesmos e era necesario voltar a premer o botón do nivel** para amosalos. - Actualizouse o manual de usuario con estas incorporacións. Lembra que podes facer chegar as túas dúbidas, problemas ou suxestións a info@recursoseducativos.net ou ben neste mesmo foro así como comentando nos diferentes vídeo-titoriais na canle de youtube.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

137
0
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador