NOVIDADES E ANUNCIOS
Novidades en recursoseducativos.net do 30/10/2016

Novidades en PROGRÁMAME:

  • Incluíuse a opción de xerar "listas de control" desde a lapela programación e currículo, ata este momento só era posible xerarlas desde unha UDI creada (no apartado avaliación). Esta nova opción permite que se poida crear unha lista de control (entre os modelos dispoñibles) para o estándar sinalado incluíndo a lista de alumnos do grupo elexido. Desde esta opción non é posible xerar as rúbricas, que só poden xerarse desde unha UDI concreta xa que precisa ter redactados os diferentes graos da mesma.
  • Unificouse cunha nova cor, a morada, os botóns e ventás para xerar as listas de control e rúbrica en toda a aplicación, de xeito que sexa doado de localizar en calquera momento se está esa opción dispoñible.
  • Engadiuse no manual un apartado específico sobre a xeración de listas de control e rúbrica nas diferentes partes da aplicación.

Novidades noutras aplicacions de recursoseducativos.net:

  • Solucionado problema coa xeración do anecdotario (infantil) e caderno do mestre (primaria) polo que non se incluían correctamente, en determinadas circunstancias, a lista de alumnos elexida á hora de crealo.
  • Engadida nova ferramenta para crear "imaxes ocultas", tan só escollendo unha imaxe e indicándo a súa URL. Útil para ser empregado en diálgos de filosofía para nenos e xogar a pensar.

Lembra que podes facer chegar os teus comentarios, problemas ou suxerencias tanto no correo info@recursoseducativos.net como neste mesmo foro.

**Novidades en PROGRÁMAME:** - Incluíuse a opción de xerar "listas de control" desde a lapela programación e currículo, ata este momento só era posible xerarlas desde unha UDI creada (no apartado avaliación). Esta nova opción permite que se poida crear unha lista de control (entre os modelos dispoñibles) para o estándar sinalado incluíndo a lista de alumnos do grupo elexido. Desde esta opción non é posible xerar as rúbricas, que só poden xerarse desde unha UDI concreta xa que precisa ter redactados os diferentes graos da mesma. - Unificouse cunha nova cor, a morada, os botóns e ventás para xerar as listas de control e rúbrica en toda a aplicación, de xeito que sexa doado de localizar en calquera momento se está esa opción dispoñible. - Engadiuse no manual un apartado específico sobre a xeración de listas de control e rúbrica nas diferentes partes da aplicación. **Novidades noutras aplicacions de recursoseducativos.net:** - Solucionado problema coa xeración do anecdotario (infantil) e caderno do mestre (primaria) polo que non se incluían correctamente, en determinadas circunstancias, a lista de alumnos elexida á hora de crealo. - Engadida nova ferramenta para crear "imaxes ocultas", tan só escollendo unha imaxe e indicándo a súa URL. Útil para ser empregado en diálgos de filosofía para nenos e xogar a pensar. Lembra que podes facer chegar os teus comentarios, problemas ou suxerencias tanto no correo info@recursoseducativos.net como neste mesmo foro.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


213
0
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador