XESTIÓN DO CURRÍCULUM
Unha preguntiña...

Ola Óscar!!
Canto tempo...eh? smile

Ando a voltas coa programació para o vindeiro curso...smile...

Como seguro que sabes, na ESO hai unha posibilidade de atención á diversidade que sustitúe ao PDC na nova normativa: o PMAR (programa de mellora da aprendizaxe e rendemento); nese programa que se imparte en 2º e 3º ESO agrúpanse as materias en ámbitos, por exemplo o Ámbito científico agrupa as seguintes materias: mate, bio-xeo e fís-quí.
Non hai currículo específico para cada un deses ámbitos, pero sí que hai que presentar, como non, a programación. Como se trata de que o alumnado que pasa por un PMAR teña mellores opcións de titular en 4º de ESO, o currículo non pode ter modificacións significativas no que se refire a criterios e estándares.

Dándolle voltas ao tema smile... pregúntome se sería posible "volcar" o currículo de tres materias (MAT, BIO, FIS) de 3º ESO nunha nova "materia" que correspondería ao ámbito científico (AC_PMAR), de maneira que se puidera xestionar eses tres currículos de forma globalizada na programación didáctica e na de aula...

De non ser posible o "volcado", que entendo que pode ter moitas dificultades, a opción lenta pero segura sería introducir os estándares das tres materias nesa nova "materia" polo que necesitaría neste caso que me habilites para facelo.

Se pido de máis (coma sempre... ) párame!!

Moitas grazas pola túa adicación e traballo!!!!!!!!
Bicos!!

Ola Óscar!! Canto tempo...eh? 8) Ando a voltas coa programació para o vindeiro curso...:D... Como seguro que sabes, na ESO hai unha posibilidade de atención á diversidade que sustitúe ao PDC na nova normativa: o PMAR (programa de mellora da aprendizaxe e rendemento); nese programa que se imparte en 2º e 3º ESO agrúpanse as materias en ámbitos, por exemplo o Ámbito científico agrupa as seguintes materias: mate, bio-xeo e fís-quí. Non hai currículo específico para cada un deses ámbitos, pero sí que hai que presentar, como non, a programación. Como se trata de que o alumnado que pasa por un PMAR teña mellores opcións de titular en 4º de ESO, o currículo non pode ter modificacións significativas no que se refire a criterios e estándares. Dándolle voltas ao tema (blush)... pregúntome se sería posible "volcar" o currículo de tres materias (MAT, BIO, FIS) de 3º ESO nunha nova "materia" que correspondería ao ámbito científico (AC_PMAR), de maneira que se puidera xestionar eses tres currículos de forma globalizada na programación didáctica e na de aula... De non ser posible o "volcado", que entendo que pode ter moitas dificultades, a opción lenta pero segura sería introducir os estándares das tres materias nesa nova "materia" polo que necesitaría neste caso que me habilites para facelo. Se pido de máis (coma sempre... ) párame!! Moitas grazas pola túa adicación e traballo!!!!!!!! Bicos!!

Anda Rexiña que raro ti por estes lares smile

E o que ten o voltar ó campo de batalla jeje

Sobre o que comentas o volcado automático tería un problema técnico e é que cada estándard ten que ir asociado a unha área concreta cun indicador único, por iso hai que ir meténdoos un a un (a min xa me tocou o verán pasado jaja) que Prográmame está para cumplir un ano xa.

Estaba convencido de que xa tiñas permisos, pero claro era na conta do CFR de Pontevedra, así que agora tamén a ten a túa conta persoal.

En canto entres vas a ver o manual para descargalo (imaxino que xa o sabes despois de contarllo tantas veces ós demais jaja), pero non vas as ver esa nova materia AC_PMAR, en canto metas un criterio con ese código e voltes a entrar na páxina xa aparecerá esa nova área.

Por outra banda imaxino que se dentro desa área mantes como códigos os mesmos que teñen os estándares debería funcionar igual (está sen comprobar porque ninguén fixo aínda semellante cousa) aínda que saia duplicado doutro xa existente.

Xa sabes onde atoparme para calquera cousa smile

Unha aperta e moita sorte na nova andaina.

Anda Rexiña que raro ti por estes lares :D E o que ten o voltar ó campo de batalla jeje Sobre o que comentas o volcado automático tería un problema técnico e é que cada estándard ten que ir asociado a unha área concreta cun indicador único, por iso hai que ir meténdoos un a un (a min xa me tocou o verán pasado jaja) que Prográmame está para cumplir un ano xa. Estaba convencido de que xa tiñas permisos, pero claro era na conta do CFR de Pontevedra, así que agora tamén a ten a túa conta persoal. En canto entres vas a ver o manual para descargalo (imaxino que xa o sabes despois de contarllo tantas veces ós demais jaja), pero non vas as ver esa nova materia AC_PMAR, en canto metas un criterio con ese código e voltes a entrar na páxina xa aparecerá esa nova área. Por outra banda imaxino que se dentro desa área mantes como códigos os mesmos que teñen os estándares debería funcionar igual (está sen comprobar porque ninguén fixo aínda semellante cousa) aínda que saia duplicado doutro xa existente. Xa sabes onde atoparme para calquera cousa ;) Unha aperta e moita sorte na nova andaina.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


549
1
2
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador