APLICACIÓN PROGRÁMAME-UDIS
Xestión do alumnado

Ola a tod@s,
Borrei os grupos de cooperativo da avaliación pasada para crear uns novos pero agora non me aparecen cinco alumn@s.
Alguén sabe como arranxalo?
Moitas grazas de antemán!

Ola a tod@s, Borrei os grupos de cooperativo da avaliación pasada para crear uns novos pero agora non me aparecen cinco alumn@s. Alguén sabe como arranxalo? Moitas grazas de antemán!

Ola

Cando se borra un equipo cooperativo o que se fai é “desvincular” a ese alumno do equipo, pero en ningún caso borra o alumno nin nada similar, de feito non pode tocalo “fisicamente” porque os datos dos equipos van almacenados noutra táboa distintas.
Para borrar un alumno hai que facelo “a propósito” desde o apartado xestión do alumno.

Os 5 alumnos que dis que non che aparecen si están en “xestión de alumnos”? Se tampouco aparecen alí é que os borraches dalgún modod. Se alí aparecen pero non na pantalla de escoller alumnos nos equipos avísame para ver se sucede algo raro.

Con que navegador traballa? Comprobaches que teñas o zoom do navegador ó 100% ? (non vaia a ser que o teñas ampliado e algunhas partes queden ocultas, por exemplo a barra de desprazamento vertical

PD: estiven probando a crear e borrar grupos con alumnos dentro, novamente, e en ningún caso se eliminou ningún alumno (Como era de esperar)

PD2: entrei co teu usuario e comprobei que tanto en xestión de alumnado como en equipos cooperativos aparecen os 25 smile

Ola Cando se borra un equipo cooperativo o que se fai é “desvincular” a ese alumno do equipo, pero en ningún caso borra o alumno nin nada similar, de feito non pode tocalo “fisicamente” porque os datos dos equipos van almacenados noutra táboa distintas. Para borrar un alumno hai que facelo “a propósito” desde o apartado xestión do alumno. Os 5 alumnos que dis que non che aparecen si están en “xestión de alumnos”? Se tampouco aparecen alí é que os borraches dalgún modod. Se alí aparecen pero non na pantalla de escoller alumnos nos equipos avísame para ver se sucede algo raro. Con que navegador traballa? Comprobaches que teñas o zoom do navegador ó 100% ? (non vaia a ser que o teñas ampliado e algunhas partes queden ocultas, por exemplo a barra de desprazamento vertical PD: estiven probando a crear e borrar grupos con alumnos dentro, novamente, e en ningún caso se eliminou ningún alumno (Como era de esperar) PD2: entrei co teu usuario e comprobei que tanto en xestión de alumnado como en equipos cooperativos aparecen os 25 (wasntme)

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

editado Dec 29 '17 ás 9:21 am

Bo día e garzas pola pronta resposta.
No caderno docente de primero aparecen os 25 pero na pestana de equipos cooperativos fáltanme os alumnos 04, 05, 10, 12 e 23. Emprego Safari pero acabo de probar con Firefox e tampouco aparecen.

Bo día e garzas pola pronta resposta. No caderno docente de primero aparecen os 25 pero na pestana de equipos cooperativos fáltanme os alumnos 04, 05, 10, 12 e 23. Emprego Safari pero acabo de probar con Firefox e tampouco aparecen.

Efectivamente había un pequeno erro que se producía cando se borraba un cartafol con algún grupo creado sen borrar previamente... polo que identificaba que eses alumnos xa estaban nun equipo.

Era un erro de programación e xa está solucionado. Comproba que agora aparecen os alumnos/as que faltaban.

Nas miñas probas entraba no primeiro cartafol que tes e alí si aparecían porque non había grupos creados... pero no outro si sucedía tal como comentabas.

Desculpa as molestias.

Efectivamente había un pequeno erro que se producía cando se borraba un cartafol con algún grupo creado sen borrar previamente... polo que identificaba que eses alumnos xa estaban nun equipo. Era un erro de programación e xa está solucionado. Comproba que agora aparecen os alumnos/as que faltaban. Nas miñas probas entraba no primeiro cartafol que tes e alí si aparecían porque non había grupos creados... pero no outro si sucedía tal como comentabas. Desculpa as molestias.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

editado Dec 29 '17 ás 6:52 pm

Xa está perfecto! Xa aparecen todos os alumn@s.
Moitas grazas por todo!

Xa está perfecto! Xa aparecen todos os alumn@s. Moitas grazas por todo!

112
4
2
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador