APLICACIÓN PROGRÁMAME-UDIS
Perfil competencial

Ola Oscar ! O curso pasado a miña compañeira e máis eu estivemos traballando coa aplicación para facer a programación de 6º. Agora estamos coa de 1º. Empezamos a facer os perfis competenciais. Está xa avanzado o da Competencia Lingüística. O curso pasado cando xerabamos o pdf ao final do documento había un reconto da Cantidade de estándares elexidos como prioritarios por áreas. Este ano cando xero o pdf da competencia Lingüística salen 0 estándares en todas as áreas. Que estamos facendo mal?

Ola Oscar ! O curso pasado a miña compañeira e máis eu estivemos traballando coa aplicación para facer a programación de 6º. Agora estamos coa de 1º. Empezamos a facer os perfis competenciais. Está xa avanzado o da Competencia Lingüística. O curso pasado cando xerabamos o pdf ao final do documento había un reconto da Cantidade de estándares elexidos como prioritarios por áreas. Este ano cando xero o pdf da competencia Lingüística salen 0 estándares en todas as áreas. Que estamos facendo mal?

Ola estiven mirando un pouco co teu usuario e antes de nada un par de aclaracións, que poden servir para os demais smile

Non sei se ten moito sentido crear un cartafol novo para cada nivel, cando nun mesmo poderías ter tódolos niveis e materias, cos correspondentes perfiles de área e competenciais.

Por outra banda estes documentos deberían ser elaborados a nivel centro... pero iso xa é outra cuestión smile. (vexo que tampouco hai marcados niveis de logro por proceso... imaxino que queredes facer un modelo sen eles e usar só os estándares)

Agora imos ó tema que plantexas... efectivamente había un erro no cómputo de estándares por área (debido a facer o perfil competencial só sen ter o perfil de área ou programación polo que non gardaba nese caso a área de cada estándar e logo non podía contalos segundo ese criterio).

Xa está solucionado e debería aparecer sen problemas agora, e cando se faga o perfil competencial sen ter nada feito se garda correctamente a área

Por se a alguén máis lle sucede, por ter feito o perfil competencial antes de nada máis, tan só tedes que entrar en perfil competencial, escoller a competencia e tódalas áreas e premer VER... é posible que tarde un para de minutos en reconstruír a táboa, pero desde ese momento xa cargará rápido e amosará correctamente os contadores.

Ola estiven mirando un pouco co teu usuario e antes de nada un par de aclaracións, que poden servir para os demais ;) Non sei se ten moito sentido crear un cartafol novo para cada nivel, cando nun mesmo poderías ter tódolos niveis e materias, cos correspondentes perfiles de área e competenciais. Por outra banda estes documentos deberían ser elaborados a nivel centro... pero iso xa é outra cuestión (wasntme). (vexo que tampouco hai marcados niveis de logro por proceso... imaxino que queredes facer un modelo sen eles e usar só os estándares) Agora imos ó tema que plantexas... efectivamente había un erro no cómputo de estándares por área (debido a facer o perfil competencial só sen ter o perfil de área ou programación polo que non gardaba nese caso a área de cada estándar e logo non podía contalos segundo ese criterio). Xa está solucionado e debería aparecer sen problemas agora, e cando se faga o perfil competencial sen ter nada feito se garda correctamente a área Por se a alguén máis lle sucede, por ter feito o perfil competencial antes de nada máis, tan só tedes que entrar en perfil competencial, escoller a competencia e tódalas áreas e premer VER... é posible que tarde un para de minutos en reconstruír a táboa, pero desde ese momento xa cargará rápido e amosará correctamente os contadores.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


154
1
2
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador