XESTIÓN DO CURRÍCULUM
Xa podes introducir concreción curricular de infantil do teu centro en Prográmame

Desde agora cando entres na etapa de infantil poderás escoller entre diferentes concrecións curriculares, a partir do currículum oficial de Infantil de Galicia, elaboradas por cada centro.

Por defecto aparecerá marcada a empregada ata o de agora na aplicación, a do CEIP Pedro Antonio Cerviño, pero poderás escoller outra das dispoñibles, de existir, elaboradas por outros centros.

Se queres saber como introducir a concreción de infantil do teu centro (só indicadores de logro para os diferentes criterios e asociación para o planing comparativo), consulta o punto 3.1 do manual de usuario, ou o vídeo titorial ó respecto.

http://www.recursoseducativos.net/software/online/programame_udis/manuais/manuais.php

Deste xeito poderás empregar a concreción de infantil do teu centro para elaborar as UDIs e outras funcións de pográmame.

Ten en conta ó seguinte a este respecto:

  • AS concrecións que se introduzan en prográmame serán públicas para tódolos usuarios, que poderán escollela e usala se así o desexa.
  • Prográmame lembrará que concreción escolliches a última vez que entraches e marcaraa por defecto cando voltes a entrar e ata que a cambies.
  • Os cartafoles e udis creados "baixo" unha concreción non poder ser vistos nin modificados (ou copiados) desde outro. A efectos técnicos cosidéranse como se foran etapas diferentes (para evitar confusións entre diferentes concrecións)
  • As concrecións curriculares creadas, que emprega prográmame, manterán a distribución por contidos do currículum oficial, nos diferentes criterios de avaliación da do CEIP Pedro Antonio Cerviño, e só permite introducir os indicadores de logro de cada centro cree para cada criterio de avaliación, coa codificación que desexen sempre e cando se manteña o código da área establecido en prográmame.

Para calquera dúbida podedes empregar este fío do foro, ou ben enviar un correo a info@recursoseducativos.net

Desde agora cando entres na etapa de infantil poderás escoller entre diferentes concrecións curriculares, a partir do currículum oficial de Infantil de Galicia, elaboradas por cada centro. Por defecto aparecerá marcada a empregada ata o de agora na aplicación, a do CEIP Pedro Antonio Cerviño, pero poderás escoller outra das dispoñibles, de existir, elaboradas por outros centros. Se queres saber como introducir a concreción de infantil do teu centro (só indicadores de logro para os diferentes criterios e asociación para o planing comparativo), consulta o punto 3.1 do manual de usuario, ou o vídeo titorial ó respecto. http://www.recursoseducativos.net/software/online/programame_udis/manuais/manuais.php Deste xeito poderás empregar a concreción de infantil do teu centro para elaborar as UDIs e outras funcións de pográmame. **Ten en conta ó seguinte a este respecto:** - AS concrecións que se introduzan en prográmame serán públicas para tódolos usuarios, que poderán escollela e usala se así o desexa. - Prográmame lembrará que concreción escolliches a última vez que entraches e marcaraa por defecto cando voltes a entrar e ata que a cambies. - Os cartafoles e udis creados "baixo" unha concreción non poder ser vistos nin modificados (ou copiados) desde outro. A efectos técnicos cosidéranse como se foran etapas diferentes (para evitar confusións entre diferentes concrecións) - As concrecións curriculares creadas, que emprega prográmame, manterán a distribución por contidos do currículum oficial, nos diferentes criterios de avaliación da do CEIP Pedro Antonio Cerviño, e só permite introducir os indicadores de logro de cada centro cree para cada criterio de avaliación, coa codificación que desexen sempre e cando se manteña o código da área establecido en prográmame. Para calquera dúbida podedes empregar este fío do foro, ou ben enviar un correo a info@recursoseducativos.net

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


261
0
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador