NOVIDADES E ANUNCIOS
Aclaración sobre os problemas de acceso á web desde os centros educativos

Aviso importante sobre ó problema de acceso a www.recursoseducativos.net desde algúns centros escolares:

  • Estanse comunicando certos problemas de acceso á web desde a rede dos centros educativos, non así desde calquera outra conexión a internet... a causa é o proceso de migración que se comunicou por e-mail desde a AUC ós centros, polo que hai que cambiar os rangos as IPs dos equipos de 69 a 10 e cambiar os DNS por un novo DNS único.
  • Os equipos actualizados a esta nova configuración non teñen ningún tipo de problema de acceso, mentras que os equipos que manteñan a anterior configuración (que segundo se indica en dito correo seguirá funcionando de forma temporal aínda un tempo) si poden presentar este problema de acceso, por unha falta de actualización do DNS anterior, que non "atopa" onde está o novo servidor que empregamos desde decembro (e isto sucederá de forma paulatina con outras webs)
  • A solución rápida e cambiar ás novas IP (o novo rango 10) e cambiar os DNS polo novo nos equipos afectados, tal como se indica no citado correo.
  • En todo caso comuniquei este feito a UAC para ver se poden actualizar tamén a antiga DNS para que se acceda tamén desde ela á web para aqueles centros que tarden en "actualizar os seus datos de conexión".
  • Este problema de acceso non afecta en ningún caso á conexións a internet fora da rede corporativa da xunta, é dicir conexións nas casas, por móvil etc...

Para caqueira dúbida ó respecto podedes facela ó e-mail info@recursoseducativos.net ou ben respostando a esta mensaxe no foro

Saúdos
Óscar

Aviso importante sobre ó problema de acceso a www.recursoseducativos.net desde algúns centros escolares: - Estanse comunicando certos problemas de acceso á web desde a rede dos centros educativos, non así desde calquera outra conexión a internet... a causa é o proceso de migración que se comunicou por e-mail desde a AUC ós centros, polo que hai que cambiar os rangos as IPs dos equipos de 69 a 10 e cambiar os DNS por un novo DNS único. - Os equipos actualizados a esta nova configuración non teñen ningún tipo de problema de acceso, mentras que os equipos que manteñan a anterior configuración (que segundo se indica en dito correo seguirá funcionando de forma temporal aínda un tempo) si poden presentar este problema de acceso, por unha falta de actualización do DNS anterior, que non "atopa" onde está o novo servidor que empregamos desde decembro (e isto sucederá de forma paulatina con outras webs) - A solución rápida e cambiar ás novas IP (o novo rango 10) e cambiar os DNS polo novo nos equipos afectados, tal como se indica no citado correo. - En todo caso comuniquei este feito a UAC para ver se poden actualizar tamén a antiga DNS para que se acceda tamén desde ela á web para aqueles centros que tarden en "actualizar os seus datos de conexión". - Este problema de acceso non afecta en ningún caso á conexións a internet fora da rede corporativa da xunta, é dicir conexións nas casas, por móvil etc... Para caqueira dúbida ó respecto podedes facela ó e-mail info@recursoseducativos.net ou ben respostando a esta mensaxe no foro Saúdos Óscar

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

Desde a UAC teñen escalada xa incidencia, en canto teña novos datos comentareino neste fio.

Desde a UAC teñen escalada xa incidencia, en canto teña novos datos comentareino neste fio.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

Acaba de poñerse en contacto a UAC conmigo por este tema e infórmanme que as antigas DNS non teñen xa mantemento polo que non se van a actualizar.

Así pois, para que non vos suceda isto (e con outras novas webs que vaian aparecendo) procurade cambiar ás novas DNS nos centros en canto poidades.

Ou ben solicitar desde o centro o cambio ó sistema de DHCP automático, co que non fai falla indicar manualmente nin IPs ni DNS (tendo que configurar cada equipo para que tome automáticamente eses datos).

En todo caso, para calquera problema de conectividade desde os centros, unha vez comprobado que desde outro lado se pode acceder, por exemplo desde móvil, deberedes contactar coa UAC para que aclare se existe algún outro problema.

Acaba de poñerse en contacto a UAC conmigo por este tema e infórmanme que as antigas DNS non teñen xa mantemento polo que non se van a actualizar. Así pois, para que non vos suceda isto (e con outras novas webs que vaian aparecendo) procurade cambiar ás novas DNS nos centros en canto poidades. Ou ben solicitar desde o centro o cambio ó sistema de DHCP automático, co que non fai falla indicar manualmente nin IPs ni DNS (tendo que configurar cada equipo para que tome automáticamente eses datos). En todo caso, para calquera problema de conectividade desde os centros, unha vez comprobado que desde outro lado se pode acceder, por exemplo desde móvil, deberedes contactar coa UAC para que aclare se existe algún outro problema.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

Estanse reportando novos erros para acceder desde a rede dos centros, incluso cos novos DNS, pero curiosamente si se accede sen problemas desde as redes abalar dos mesmos centros.

Xa o puxen en coñecemento da UAC, pero se vos sucede no voso centro deberíades tamén comunicalo por se se trata dalgún erro doutro tipo, verificando sempre que a web sexa accesible nese momento desde calquera rede fora da do centro (vía móvil por exemplo)

Estanse reportando novos erros para acceder desde a rede dos centros, incluso cos novos DNS, pero curiosamente si se accede sen problemas desde as redes abalar dos mesmos centros. Xa o puxen en coñecemento da UAC, pero se vos sucede no voso centro deberíades tamén comunicalo por se se trata dalgún erro doutro tipo, verificando sempre que a web sexa accesible nese momento desde calquera rede fora da do centro (vía móvil por exemplo)

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

Tras unha comunicación, novamente por parte da UAC, comunican que estiveron monitorizando o acceso e non detectaron ningún tipo de problema, polo que no caso de que nun centro, tras migrar as novas DNS, non sexa posible acceder desde a rede da xunta, pero si desde outro acceso a internet (por exemplo vía móvil), que se abra unha incidencia concreta con eles para cada centro, e así poder detectar se hai algún erro con algún en concreto.

Lembrade levar a cabo a migracion de DNS e IP ou solicitar a activación do DCHP automático, para evitar os problemas de acceso desde os centros da rede da xunta.

Tras ter novamente problemas de acceso desde a rede da Xunta, e tras comunicalo novamente á UAC comentáronme que se trata dun erro xeral co seu servizo e que están a traballar nelo.

En canto me confirmen que está arranxado comunicareino aquí tamén.

Tras ter novamente problemas de acceso desde a rede da Xunta, e tras comunicalo novamente á UAC comentáronme que se trata dun erro xeral co seu servizo e que están a traballar nelo. En canto me confirmen que está arranxado comunicareino aquí tamén.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

Esta mañá xa volta a ser accesible desde a rede do meu centro polo que parece que xa está solucionado o problema.

De momento continúan os problemas de acceso desde a rede da Xunta polas tardes, mentras non o arranxan unha solución temporal pode ser engadir como dns secundaria a de Google 8.8.8.8 (mantendo a outra da xunta)

En canto me confirmen desde a UAC que está arranxado comunicareino.

De momento continúan os problemas de acceso desde a rede da Xunta polas tardes, mentras non o arranxan unha solución temporal pode ser engadir como dns secundaria a de Google 8.8.8.8 (mantendo a outra da xunta) En canto me confirmen desde a UAC que está arranxado comunicareino.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

774
8
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador