recursoseducativos.net
inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
.
inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
avatar PROFESORADO
RECURSOS ONLINE

Axendas, calendarios, anecdotarios, letras móviles..
avatar ALUMNADO
RECURSOS ONLINE

Xogos online e aplicacións adaptadas para o alumnado.
CON REXISTRO
SERVICIOS ONLINE

Acceso directo ós servicios que precisan rexistro
REXÍSTRATE
PARA USALOS NA AULA

Para empregar algúns servizos rexístrate aquí.
AXUDA

- Centro de soporte e axuda
- Grupo de telegram
- Formas de contacto
Sobre recursoseducativos

- Queres facerte colaborador?
- Datos financieiros (gastos)
- Blog do autor: oscarabilleira.com
#recursoseducativosnet
#programameudis
16125 USUARIOS REXISTRADOS CON CONTA ACTIVADA




ENTRA NO CENTRO DE SOPORTE E AXUDA








RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS MÁIS HABITUAIS

Como podo cambiar o meu contrasinal, correo de rexistro e outros datos?

Unha vez teñas accedido cos teus datos de rexistro, no menú superior deberás facer click sobre o teu nome de usuario e accederás á túa páxina de perfil. Ademais de poder cambiar os teus datos persoais e de acceso, poderás activar ou desactivar a recepción do boletín de novidades na web no teu correo electrónico.
Se o que queres é borrar a túa conta de usuario, podes facelo desde a opción correspondente no te perfil. Para calquera dúbida ou problema ó respecto, contacta con info@recursoseducativos.net.


Non lembro o meu contrasinal ou non podo acceder. Que fago?

Podes recuperar os teus datos de acceso usando a opción "esquecín o meu contrasinal", que figura debaixo da caixa de acceso.
En todo caso ó tengar acceder ben con datos de acceso incorrectos, ou cun usuario no activado, verás aparecer un aviso indicando se precisas axuda para acceder, ó pulsar sobre el automáticamente recibirás un email co correo de activación ou os teus datos de acceso, segundo sexa o caso. Revisa a túa carpeta de correo SPAM ou non desexado. Se o problema persiste contacta con info@recursoseducativos.net


Como podo enlazar os servicios dispoñibles (calendario, diccionario...) nun idioma concreto?

Podes facelo premendo o botón "copiar URL" que atoparás ó pe de páxina en cada caso.


Poden os nenos/as empregar os servicios con rexistro sen ter contrasinal?

Por suposto, de feito a idea é que poidan empregar os servicios libremente (diccionario, calendario, biblioteca...), pero sen que poidan borrar ou alterar os datos introducidos. Por esa razón só o mestre/a, co usuario e contrasinal pode modificar, engadir ou borrar contidos. Le a seguinte pregunta para máis información.


Como traballan os nenos e nenas co calendario se non teñen contrasinal?

Para este e outros servizos, desde o apartado xestión de alumnos, pode conseguirse un código QR (que se pode pegar nun carnet persoal) co que se pode acceder ós servizos como o calendario, sen necesidade de tener usuario e contraseña, e sen que o docente teña que empregar os seus datos de acceso. Deste xeito poden empregalo autónomamente. Para este tipo de acceso precísase contar cunha webcam no ordenador, e no caso de non dispoñer dela, o acceso deberá realizalo o docente empregando o usuario e contrasinal.


Que sucede coa lei de protección de datos e cos datos almacenados en recursoseducativos.net e as súas aplicacións?

No aviso legal e de condicións de emprego, que aceptaches durante o rexisto, atoparás toda a información relativa á protección dos datos almancenados, así como á responsabilidade última do usuario ó introducir os mesmos. Por outra banda é altamente recomendable que leas o Protocolo da lei de protección de datos do alumnado de Galicia, enlazado no citado aviso legal, asi como na aplicación prográmame-udis no apartado de -xestión do alumnado-.


Tódolos servicios serán sempre gratuitos?

Tódolos servicios desta web, tanto os que precisan rexistro como os que non, foron creados polo autor para seren empregados nas aulas do seu centro, como resultado da vida da aula e suxerencias de outros compañeiros/as. Unha vez realizadas e ó seren empregadas de forma habitual nas nosas aulas poñémolas á disposición dos restantes mestres/as por se fose do seu interese. Por esa razón estes servicios serán sempre gratuitos.


Terei un diccionario propio?

Si contas co teu propio dicionario no que podes engadir as imaxes/palabras que precises, que se unirán ás ofertadas pola aplicación no seu banco común (imaxes libres de dereitos). Cando se busque unha palabra farease primero nas subidas polo usuario, e no caso de non existir buscarase se está dispoñible no banco común.


A biblioteca fai un rexistro de libros prestados?

Si pero dunha forma moi básica xa que a aplicación biblioteca ten como finalidade que o alumnado introduza un número e obteña a portada do libro para imprimila, e poder logo empregala nun rexistro en papel onde anotar o título, data, nome ou outros datos que se considere.
A aplicación fai tamén un reconto das veces que se "imprimiu" cada libro tras acceder cos respectivos carnets QR, amosándose ese dato cando se accede ó contido do código QR, permitíndose tamén marcar o libro como devolto.
De forma adicional permite almacenar os libros levados por cada alumno, usando o seu carnet-QR (que pode conseguirse desde a xestión de alumnos), empregando un sistema moi básico de control que podes consultar no manual de usuario da aplicación.


Teño que completar tódolos datos da biblioteca?

Non, únicamente precisas subir as portadas, segundo as instruccións, para poder comezar a empregala. Nembargantes, se desexas que cando se acceda co código QR se amose esa información, ou se queres realizar búsquedas por título, palabra ou autor, deberás ter introducidos os citados datos.


Podo obter etiquetas cos números e código QR para cada libro?

Si, unha vez introducido no sistema, tan só terás que empregar o botón correspondente na portada da aplicación para imprimir as etiquetas que desexes, xunto cun inventario en papel dos libros introducidos, se é que así o desexas.


Que currículos emprega prográmame-udis en Galicia?

A versión para primaria, ESO e bacharelato emprega o último currículo dispoñible, mentras que a versión para infantil emprega por defecto a concreción curricular integrada do CEIP Pedro Antonio Cerviño, a partir no cúrriculum oficial de Educación Infantil, ou aquelas outras introducidas por diferentes centros. No caso de ESO e bacharelato só están dispoñibles aquelas áreas/materias que usuarios voluntariamente subiron á aplicación; en infantil e primaria o currículo está completo. Se quieres colaborar con algunha área/materia de secundaria contacta con info@recursoseducativos.net.


Podo traballar en Prográmame-udis cos currículos de outras comunidades e territorios?

A aplicación só permite o traballo con currículos de Galicia, sempre e cando estes fosen introducidos polos usuarios da aplicación. En todo caso podes empregar moitas das opcións da aplicación (caderno docente, diario de clase...) sen necesitar ningún tipo de currículum.


Que modelo de UD e UDI usa prográmame?

Utilizamos o modelo de UDI do CEIP. Pedro Antonio Cerviño elaborado no PFPP.


Que fago se atopo algún erro nos currículos empregados en prográmame?

É posible que durante o volcado dos datos dos currículos tivera lugar algún error, nese caso comunicánolo ó noso correo electrónico (info@recursoseducativos.net) para solucionalo.


E se aínda teño dúbidas?

Podes participar no noso foro xunto a outros usuarios da web, compartir experiencias e recibir soporte técnico.
Para claquera dúbida ou problema contacta co seguinte enderezo de correo electrónico:

info@recursoseducativos.net
www.recursoseducativos.net
programame.abrir.gal

creada por Óscar Abilleira Muñiz - info@recursoseducativos.net
Aviso legal e condicións de emprego
Licencia de Creative Commons