D - Anexo IV - Xestión do currículo LOMCE (introducir e editar áreas)

Para acceder á xestión do currículum de cada etapa (introducir áreas de LE de primaria, ou as de ESO, Bacharelato, EBI e ESA de Adultos) que emprega prográmame, deberás ter un acceso autorizado (contacta con info@recursoseducativos.net para máis información), e acceder á aplicación de xestión na parte inferior dereita da pantalla principal. Lembra que podes deixar as túas dúbidas e comentarios no foro para colaboradores, dispoñible na web.


Accederás a unha nova ventá na que poderás navegar entre as diferentes áreas rexistradas na aplicación, para introducir criterios, estándares e contidos, ou ben para modificar ou eliminar algún deles.


O entorno de traballo:

Estas son as funcionalidades principais do entorno de traballo de xestión de currículum:



A estratexia de traballo:

Para introducir os estándares e os contidos é preciso que previamente, para cada área e curso, se atope xa introducido o correspondente criterio de avaliación ó que corresponden. Por tal motivo deberás sempre engadir primeiro o criterio para logo poder engadir os estándares e os contidos.

Podes facelo un a un, é dicir tras incluír o criterio, engadir os estándares e os contidos (a orde en que se faga é irrelevante), ou ben introducir primeiramente tódolos criterios para un curso, e logo proceder a introducir os restantes elementos, escolle unha ou outra segundo che resulte máis cómodo.

Unha vez introducidos os criterios poderás indicar en cada un deles (editándoo) a que bloque pertence, escolléndoo de entre aqueles que se atopen introducidos. Revisa o apartado adicado ós bloques de contidos neste manual, de seguido.


Engadindo un novo criterio:

Para engadir un novo criterio tan só tes que premer a opción ?engadir criterio? e verás aparecer o seguinte formulario no que cubrir os seguintes campos, que como podes comprobar inclúen tanto o nivel como a área, polo que é irrelevante a lapela de área que se atope seleccionado nese momento.

Lembra introducir os obxectivos seguidos de comas (a, e, f) e poderás atopara a abreviatura da área, ben nas lapelas como no propio código do criterio.


Unha vez premas engadir criterio, verás como aparece na lista inferior, desde ese momento xa poderás engadir, cando queiras tanto contidos como estándar para dito criterio. Tamén poderás editalo para asignarlle un bloque (ver apartado correspondente) ou facer cambios no mesmo.


Engadindo un novo estándar ou contido:

Para engadir un novo estándar ou contido o proceso é idéntico, deberemos localizar o criterio co que queremos traballar e premer os botón engadir contido ou engadir estándar segundo sexa o caso (ver páxina 1 deste manual), e aparecerá unha nova ventá na que deberás cumplimentar tódolos campos en cada caso.


Desde o momento en que un estándar ou contido se atope introducido na aplicación, estará dispoñible de forma inmediata para tódolos usuarios de prográmame.

Lembra non escribir ó punto ó final dos diferentes códigos que introduzas, xa que afectará ó xeito en que se amosan ordeados na aplicación.


Editar (modificar) ou borrar un elemento:

Se cometemos algún erro poderemos modificar (editar) ou borrar tanto un criterio, como un contido ou un estándar, tan ós teremos que premer o botón correspondente (ó fin de evitar error os botóns de editar son de cor verde e os de engadir de vermella)

Cando premamos editar veremos aparecer unha ventá na que modificar os datos existentes por aqueles que sexan os correctos. (ver páxina 1 deste manual)

Ten en conta que se cambias o nivel ou área dun indicador, farase tamén o cambio automáticamente ós estándares e contidos que teña asociados.

Non é posible cambiar o nivel e área de un estándar ou contido individual, nese caso terás que borralo e voltar a introducilo novamente.


Ten en conta que cando engadas un novo criterio, estándar ou contido, non terá a opción editar ata que recargues a lista premendo na lapela da área.


Estándares asociados (OPCIONAL):

Cando se edita un estándar veremos aparecer un campo chamado asociado, a súa función e indicar un número que sexa o mesmo que se asignou ó mesmo estándar, ou similar da mesma área noutro nivel. Este valor é o que se emprega para xerar o documento de planning do perfil de área, no se amosan nunha táboa os estándares e mínimos de forma transversal ó longo dos diferentes cursos, para comprobar a evolución dos mesmos, dentro da mesma etapa.



Engadindo, editando e asignando BLOQUES:

Os diferentes bloques nos que se divide o currículum, se ben non afectan o funcionamento da aplicación estean ou non introducidos, poden ser introducidos en PROGRÁMAME, para que sexan amosados título informativo en diferentes partes da aplicación e nalgúns dos documentos que e poden xerar. Tan só tes que elexir a área/materia e permer no botón laranxa.


Na nova ventá que se despregará é onde poderás engadir un novo bloque, editar e borrar os existentes.


Os bloques dispoñibles para a área, nos diferentes cursos aparecerán no despregable, onde sempre poderás escoller un, premer EDITAR e cambiar os datos existentes.




Áreas de Libre Elección de centro:

A introdución do currículo das áreas de libre elección de centro faise do mesmo xeito que as restantes áreas, tal como se conta nos apartados anteriores. Neste senso débense ter en conta os seguintes aspectos:

  • O currículo debe ter a mesma estrutura do resto dos currículums (obxectivos, contidos, criterios, estándares e competencias), dito currículum debe estar autorizado por Inspección para poder implantalo como área.
  • Cada área de Libre Elección de centro irá asociado o centro en cuestión (ó seu código numérico) de xeito que os usuarios da aplicación poidan amosar dita área se escollen o código do centro no seu perfil persoal.
  • Para poder ver as áreas de libre elección de centro na aplicación, os usuarios deben marcar a opción dispoñible na parte inferior dereita da aplicación. No caso de ter introducido o código do centro no seu perfil verá só as do centro, no caso de non introducir ningún código verá tódalas áreas de libre elección introducidas na aplicación.