C - Anexo II - Elaborar a programación ó comezo do curso

Neste Anexo II ó manual explicaremos como se pode elaborar a programación ó comenzo de cara curso escolar, coas ferramentas, recursos, e sobre todo o traballo feito na aplicación prográmame. Incluso se non se ten feito ningún traballo previo na aplicación, este manual pode ser de utilidade.


1.- Por onde empezo?:

Antes de nada deberás pensar que é o que prográmame pode  ofrecerche de cara a elaborar a túa programación:

  • Precisas só a táboa de estándares ou competencias para incluír nun apartado da programación que xa tes elaborada?
  •  Precisas un modelo completo de programación para comezar desde cero?

Neste Anexo II imos considerar a segunda opción, de xeito que aqueles que só precisedes unha parte das opcións que ofrece prográmame, atopedes tamén a información que precisades buscando no paso correspondente do proceso, que se sinalará de seguido.


2.- Descarga o modelo-esquema de programación:

Desde a lapela programación e currículum podes descargar un modelo-esquema de programación para as diferentes etapas, tan só terás que premer no botón correspondente e descargarase no teu equipo un arquivo .odt (que poderás abrir con openoffice ou libreoffice).


Este esquema-modelo pretende servir de guión ou punto de partida, para aqueles que non teñan claro por onde comezar, e está elaborado en base as recomendacións feitas a algúns centros, e segundo indicado na normativa ó respecto.

No caso de ESO e Bacharelato segue o esquema da resolución do 27 de xullo de 2015 (DOG 2)/07/2015

No caso de primaria, o non contar polo momento cun documento similar, e seguindo as recomendacións feitas, emprégase un esquema similar (sen os apartados non aplicables á etapa)

No caso de Infantil, emprégase un esquema baseado nas indicacións da orde do 25 de xuño de 2009 (DOG 10/06/209) no seu artigo 9o, ó que se engadiron as modificacións incorporadas na programación elaborada polo equipo de ciclo do C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño.


3.- Completando e modificando o esquema-modelo:

Tan só terás que ir completando os diferentes apartados do modelo-esquema, lembra que como documento odt poderás editar e borrar calquera dos contidos que contén.

Este esquema inclúe algunhas pequenas indicacións de exemplo do que se pode incluír en cada un dos apartados. Obviamente este modelo está aberto ás vosas suxerencias que serán tidas en conta e incorporadas ó mesmo.

Posiblemente nas túas programacións anteriores teñas varios destes apartados xa creados, polo que tan só terás que copialos e pegalos neste novo esquema.


4.-Incorporando recursos creados en PROGRÁMAME-UDIS:

Certos apartados do modelo descargado, identificados co logotipo de recursoeducativos.net, están pensadas para incluír neles documentos (xeralmente táboas) que poden xerarse desde a aplicación, podendo asi copialas e pegalas no modelo de programación.

Cada un destes apartados conta cunha pequena indicación onde se recorda como xerar esa parte en concreto. Lembra que a forma e que se crean ditos documentos debes consultala los diferentes apartados deste manual.

Deberás abrir o documento xerado en versión odt, para así poder copiar e pegar as táboas no lugar correspondente.

No modelo-esquema descargado, as partes reservadas e sinaladas para pegar estas táboas (apartado 2 e 4 agás en EI), están xa configuradas en horizontal (apaisado) conservando a orientación vertical o resto, de xeito que o documento final se adapte os diferentes contidos nun único documento.


5.- Xa teño datos metidos en PROGRÁMAME, como os recupero para este curso?:

Á hora de xerar as táboas mencionadas no punto anterior, poden darse tres casos:

a) Que non teñas ningún dato introducido (perfil de área, competencial ou programación), neste caso deberás crear un cartafol novo e comezar a elaborar os documentos segundo se indica no manual.

b) Que xa teñas creado a parte de programación noutro cartafol correspondente ó curso anterior: tan só tes que crear un novo cartafol para este novo curso escolar, e permer na opción copiar doutro cartafol, escollendo aquel no que xa tiñas elaborado o traballo, procedendo, xa dentro deste novo cartafol, a facer os cambios que consideres oportunos. Outra opción máis rápida e premer o icono 'duplicar cartafol' ó lado do que queiras copiar, de modo que cree unha copia exacta do mesmo.

c) Que o centro teña creado o perfil de área na aplicación e/ou o perfil competencial nun cartafol de centro: neste caso estea ou non bloqueado (é dicir poidas velo na lista de cartafoles ou non), deberás crear un novo cartafol, premer o botón copiar doutro cartafol e escoller o cartafol de centro para copialo, xa dentro dese novo cartafol deberás completar, aqueles datos que precises para a parte de programación (instrumentos e temporalización, de non estar incluídos). Outra opción máis rápida e premer o icono duplicar cartafol ó lado do que queiras copiar, de modo que cree unha copia exacta do mesmo.

En calquera dos tres casos, unha vez rematado, deberás xerar o documento que precises para cada apartado, abrilo en formato odt (para evitar problemas con pdf ó copiar e pegar), e pegar as correspondentes táboas nos lugares indicados.