9.6 - Fichas de seguimento

Lembra que tamén podes ver as fichas e seguimento (pero non modificalas)  na APP para smartphones, tablets.

Desde este apartado podes facer o seguimento dos diferentes estándares/indicadores avaliados nas UDIS, no apartado seguimento de UDIS, para cada un dos criterios de avaliación da área e nivel elexido. Para cada un dos criterios podes incluír unha anotación, a partir dos resultados dos estándares avaliados, que aparecerán indicados cun código de cor (de vermello a verde) segundo a cualificación introducida en cada lista de control que se corresponda co estándar.

Para poder ver os resultados da cualificación de cada un dos estándares nas UDIS, deberás usar a opción seguimento dentro da lapela UDIS, para cada unha delas.

Ó código de cor empregado nese apartado de seguimento é o mesmo que se amosará nas fichas de seguimento.



Se se accede desde a etapa de Educación Infantil, terás a opción de amosar os items do XADE asociados ós diferentes indicadores avaliados nas UD-UDIS. Poderás escoller que tipo de visualización elexir no despregable.



No caso de escoller amosar os items XADE (en calquera das dúas opcións que os inclúen), amosaranse deste xeito.


   

Esta elección tamén afectará ó documento xerados, se se escolle a opción - amosar textos - antes de facelo.



Ten en conta que os items do XADE só aparecerán, se foron incluidos no apartado correspondente da concreción do centro escollido.