8.4 - Engadir, editar e borrar exercicios e sesións sen clase nas semanas

Lembra que o diario de clase ten auto-gardado, polo que non tes que premer gardar en cada caso para almacenar os cambios, agás cando creas un exercicio/actividade ou sen clase por primeira vez e nohorario da esquerda onde si terás que premer gardar.

Unha vez escollida a semana, deberás ir completando para cada sesión os exercicios ou sesións sen clase que terán lugar. Se a creaches a partir de plantilla xa terás varios ocos cubertos, tendo que completar o resto.

Podes engadir exercicios de dous modos:

  • En branco: terás que cubrir todos os campos.
  • A partir dunha UD-UDI: neste caso completaranse tódolos campos e tamén copiados os elementos curriculares.


Crear  como "nova" ou "sen clase":

Se optas por creala como nova ou sen clase, tan só haberá que completar os campos correspondentes e premer ENGADIR, verás como aparece na sesión correspondente, pulsando sobre ela poderás modificar os diferentes campos e xestionar os contidos e estándares da mesma.

Podes borrar calquera dos exercicios introducidos (sen afectar ó contido orixinal da UDI) escribindo "borrar" como nome do exercicio ou actividade e gardando os cambios.

O funcionamento das caixas de xestión de estándares e contidos é idéntica a como se emprega na la pela UDIS.

Lembra que os cambios introducidos no caderno de clase relacionados cos estándares e contidos non afectarán á UDI orixinal, xa que se trata dunha copia dos mesmos. Pola contra, se os cambias na UDI e voltas a importar desde UD-UDI xa aparecerán cos cambios.


Crear desde UD-UDI usando o buscador:

No caso de elexir importar desde UDI tan só terás que navegar entre as UDIs e elexir o exercicio a incorporar, nese momento aparecerá xa na sesión correspondente, poderás pulsar sobre ela para cambiala (sen afectar ó contido orixinal da UDI) como por exemplo para desmarcar algúns dos estándares da actividade, que non se traballan nese exercicio en concreto (lembra que tes a opción de "amosar só os marcados" na ventá que se abra)

Cando creas desde UDI, por defecto aparecen as UDIS do cartafol de traballo ?o cal sería o máis lóxico? ou ben podemos buscar entre as UDIS co buscador, pero en situacións especiais podermos precisar engadir elementos desde UDIS de outros cartafoles ou incluso entre etapas.

Nese caso pode empregarse o buscador, escollendo a etapa desexada ?de ser o caso?, e introducir un termo a buscar (buscará a palabra introducida no título da UDI)


Cando se crea desde UD-UDI dunha etapa diferente, lóxicamente só de copiará a estructura, pero non os elementos curriculuares. Nestes casos aparece un aviso visual para lembralo.

Tamén podes engadir unha actividade completa, incluíndo tódolos seus exercicios.