8.3 - Establecer o número de sesións diarias e o horario das sesións

Para cada cartafol deberás indicar o número de sesións que terán lugar diariamente en cada semana. Por defecto ven marcado como 5 sesións.

O diario de clase acepta como máximo 5 días á semana e entre 5 e 10 sesións (horas) aplicables a tódalas semanas do cartafol. Podes introducir tantos elementos como queiras en cada sesión. Podes cambiar o número de sesións na parte inferior da táboa así como mover a semana a outro dos cartafoles que teñas.



Establecer o horario de cada sesión:

Para indicar o horario de cada sesión deberás facelo en calquera das semanas, por exemplo na de plantilla. Calquera cambio que fagas no horario dunha semana afectará a tódalas semanas do cartafol. Se sinalas en observación 'horario' ou 'hora de ler', será amosado dunha cor diferente na semana.



Copiar o horario dun cartafol diferente:

Para copiar o horairo do diario doutro cartafol, por exemplo curso anterior, podes usar a opción dispoñible na parte inferior.



Mover unha semana a outro cartafol:

Podes mover a semana a outro cartafol usando a opción dispoñible na parte inferior. Neste caso respectará o número de sesións establecido no cartafol de destino, non amosándose aquelas non visible ata que se cambie o número de sesións do cartafol.