8.1 - Crear, borrar e escoller semanas no diario

Podes crear unha nova semana no diario con dous modos de escoller o seu nome:

  • A partir dunha data no calendario (opción recomendada): Deste xeito queda asociada ás datas reais da semana.
  • De forma manual escribindo un nome. Non queda asociada a ningunha data real.

Asemade terás que decidir se queres:

  • Creala a partir dunha plantilla que teñas creada
  • Creala en branco

Unha vez creadas, poderás escoller a semana que desexes no despregable, para traballar con ela.


Pode aparecer una semana chamada Aprazados desde a APP, que se crear automáticamente cando se apraza un exercicio desde a AAPP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes.


Renomear ou borrar unha semana:

Podes cambiar o nome da semana escribindo o novo nome na caixa correspondente e premendo o botón de gardar.

Se pos como nome a palabra ?borrar?,  preguntaráseche se queres eliminar ou non a semana. Ten en conta que é un proceso irreversible.