8 - Lapela diario de clase

Programame permite xerar un "diario de clase" ben sexa engadindo os datos manualmente para cada día e hora ou ben "recuperándoos automáticamente" das UDIs que se teñan elaboradas no cartafol de traballo (ou noutros cartafoles e etapas usando o buscador). Este diario de clase, pretende servir de ferramenta para "planificar o día a día da aula" a partir das tarefas deseñadas nas UDIS.

A idea básica sobre a que está pensado este diario de clase, é que unha vez deseñada unha tarefa para levar a cabo a cabo dun determinado período, e planificada a mesma nunha UDI, poidas distribuír cando se levarán a cabo os diferentes exercicios (das actividades) ó longo dos diferentes días da semana. Tan só terás que escoller dito exercicio e automaticamente será incluído no diario de clase (incluídos os seus estándares, contidos, agrupamentos e recursos).

En caso de non ter creadas UDIs, ou no caso de quere incluír actividades/exercicios que non formen parte de ningunha das tarefas, poderás engadilo de forma manual (tendo que escoller tamén os seus estándares e contidos e cubrindo os restantes campos).

Finalmente poderás xerar dous tipos de documentos:

  • Xerar táboa: incluirá a táboa de actividades/exercicios coas observacións de cada unha no reverso
  •  Xerar diario: Complementaria da anterior, incluirá tódalas actividades/exercicios por día así como os seus estándares e contidos (podendo elexir se incluír sós os ódigos ou tamén o texto dos mesmos) xunto cor recursos, agrupamentos e observacións.

As diferentes actividades/exercicios que vaias engadindo (xa sexa manualmente ou recuperándoa desde unha UDI do cartafol) así como as indicacións de "sen clase", poderás "marcalas" como plantilla de modo que poidas recuperar todas as marcadas deste xeito cando crees unha nova semana se así o desexas.

O diario de clase organízase por semanas dentro dun cartafol concreto, é dicir, cada cartafol ten o seu diario de clase diferente e dentro do mesmo terás tantas semanas como vaias creando.

Finalmente poderás ver as semanas, así como xestionalas, tamén na APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes.