7.8 - Xerar UD-UDIS e outros documentos

Nesta última lapela é onde se creará tanto a UDI-UD a partir dos datos introducidos nas diferentes sub-lapelas, só a estrutura-mapa da mesma (que vai incluída tamén na UDI-UD completa) así como os documentos de estándares traballados e avaliados no curso/categoría.

En canto se prema nalgún dos botóns dispoñibles aparecerán os documentos solicitados, tanto en formato PDF como en ODT (para openoffice-libreoffice). Podes escoller tamén se incluír os elementos curriculares de tódolos niveis ou dun en concreto.


Lembra que podes xerar tantas veces como desexes facendo os cambios que consideres en calquera das lapelas da aplicación.

Tamén podes descargar a versión odt para facer cambios directos sobre o documento, evidentemente, neste caso os cambios non estarán presentes na aplicación.


Xerar listas de control da UD-UDI:

Tamén podes xerar as listas de control dos instrumentos elixidos nas UD-UDIS de modo análogo a como se fai na lapela programación e currículo.

Lembra en todo caso que podes usar o seguimento da UD-UDI para facelo directamente desde a aplicación ou a APP para smartphones e tablets, sen ter que xerar e imprimir nada.

Podes ver como facelo na parte final do seguinte vídeo.