7.5 - Avaliación e rúbricas

Na lapela avaliación teremos que establecer cales dos estándares que fomos seleccionado nas diferentes actividades, imos a avaliar nesta UDI-UD, sinalando ademais o instrumento que se empregará e se algún deles será avaliado mediante rúbrica.

Aqueles estándares que non teñan nada escrito como procedemento ou instrumento serán considerados como non avaliados, así pois deberemos indicar só os que queremos avaliar, de todos os que escollimos para traballar nesta UD-UDI.


Se un estándar será avaliado polo mesmo instrumento que xa foi indicado para outro, poderemos agregalo ó mesmo empregando o botón correspondente.


Marcar estándares/indicadores como de Seguimento das UD-UDIS:

Lembra que tamén é posible marcar algún dos estándares avaliados como de seguimento da UD-UDI, de modo que logo poderás usalos na lapela seguiento, tal como se explicará no apartado correspondente.



Rúbricas e rúbricas agregadas:

Nesta lapela veremos aparecer, para crear a rúbrica, os estándares marcados como tal na lapela avaliación, poden cambiarse tantas veces como se queira engadindo ou eliminando elementos á rúbrica.

Deberemos completar os diferentes niveis da rúbrica, podendo tamén copiala (importala), doutra das nosas UD-UDIS ou mesmo do banco de UD-UDIS públicas.


Durante a creación de rúbricas, pode ser que nos interese incluír varios indicadores/estándares similares dentro dunha mesma liña de rúbrica, de xeito que compartan a gradación A, B, C, D., e poidan ser avaliados de forma conxunta, a esta función chamámola en prográmame rúbrica agregada.

Para facer unha rúbrica agregada tan só terás que escoller un dos indicadores/estándares como rúbrica e, desde a lapela rúbrica premer o botón ?agregar? no estándar correspondente.


O premer a opción AGREGAR aparecerá seguinte ventá emerxente, na que podes marcar e desmarcar os estándares que queres agregar a esta liña de rúbrica


Cando se copian rúbricas non se copiarán os estándares agregados xa que estes terían que estar marcados nas diferentes actividades da UDI-UD previamente, por tal motivo deberán agregarse manualmente en cada caso.

Os estándares marcados como agregados aparecerán na lapela ?avaliación? deste xeito, indicando en cor vermella o indicador/estándar ó que están agregados, por esa razón non é posible modificar ningún parámetro do mesmo mentres siga marcado como ?agregado?. Se se intenta desmarcar un estándar que teña ?agregados? alertarase de que non é posible, xa que primeiro se deberán desmarcar os agregados antes de poder quitar ese estándar ?principal? como rúbrica.


Cando se xere a UDI-UD os estándares agregados aparecerán deste xeito no apartado de rúbrica, unindo na mesma caixa os criterios, estándares/indicadores e competencias clave, compartindo deste xeito a gradación A,B,C,D da liña de rúbrica.


Copiar a rúbrica doutra UD-UDI para usala na actual: