7.4 - Tarefas (ou temas), actividades e exercicios

Nesta lapela cubriremos os aspectos correspondentes á/ás tarefa/tarefas da nosa UDI, ou tema/s no caso de ser unha UD, indicando os datos que corresponda, así como das actividades e exercicios, que atoparás na parte inferior da páxina.


Tarefas/Temas:

Completaremos os apartados correspondentes ó tema/tarefa. As Competencias Clave poden marcarse manualmente, se ben serán marcadas de forma automática a medida que se escollan estándares nas actividades.



Actividades e exercicios:

Nesta lapela iremos creando as diferentes actividades cos seus correspondentes exercicios para a tarefa (ou tema) seleccionada.



** Como ordear as actividades, exercicios e tarefas:



Para cada actividade tan só deberemos escoller os indicadores/estándares a traballar e automaticamente a aplicación introducirá os criterios de avaliación correspondentes. Tan só haberá que premer no campo indicadores/estándares, e na ventá que aparece ir marcándoos ou desmarcándoos, e automaticamente os cambios se aplicarán na actividade.



Lembra que os cambios nos indicadores dan lugar a actualización dos respectivos criterios, polo que non terás que escollelos (prográmame faino por ti ;) ). Estes cambios gárdanse automaticamente, pero os cambios os restantes campos: descrición, modelos de pensamento, agrupamentos, exercicios.... deben gardarse co botón de gardado presente en cada lapela.

Para traballar cos contidos dos exercicios o funcionamento é análogo ó anterior, tan só deberemos premer na caixa de contidos de cada exercicio, para escollelos dentro dunha ventá emerxente. Prográmame amosará só os contidos dispoñibles segundo os indicadores/estándares que foran seleccionados de xeito que sexa máis doado atopalos. Se o desexas tamén podes buscar 'por palabra' entre tódolos contidos do nivel (estean ou non dentro do criterio marcado)



Desmarcar tódolos estándares e contidos dunha actividade:

?Nalgúns casos queremos valeirar unha actividade de estándares e contidos, por exemplo cando copiemos unha UD-UDI pública na que queiramos escoller os nosos elementos curriculares, ou mesmo se foi deseñada para outro nivel.

Poderemos desmarcar tódolos estándares dunha actividade deste xeito.