6.8 - Restaurar un cartafol desde a copia de seguridade

Prográmame realiza cada madrugada, ás 04:00 horas, unha copia de seguridade de tódolos cartafoles, almacenando as 30 últimas copia no propio servidor e a última copia nun servidor diferente para máis seguridade.

Estas copias de seguridade serán utilizadas no caso de aparecer algún problema no servidor, para que non se perden os datos.

Desde a propia aplicación podes empregar estas 30 copias de seguridade, realizadas ás 04:00 horas de cada un dos días, para restaurar o cartafol de traballo, de xeito que este quede tal como estaba cando se fixo a copia de seguridade.


Cando e restaura un cartafol desde unha copia, reemplázase o contido do cartafol actual na programación, agrupamentos, perfil de área e competencial; pero non o fará coas UDI, ACS, diario de aula, alumnado e cualificacións mantendo as actuais. Este proceso é irreversible, e debe empregarse tras un borrado accidental do contido dun cartafol.