6.7 - Áreas de libre elección de centro.

Prográmame permite que cada centro poida introducir o currículum das áreas de libre elección de cada centro, sempre e cando se conte un currículum elaborado no mesmo que teña a mesma estrutura do currículum oficial: para cada criterio uns contidos e estándares asociados con código diferente.

Cada centro pode introducir dito currículum na aplicación, seguindo as instrucións para introducir o currículum de áreas e ESO e Bacharelato, que serán remitidas tra-la solicitude a info@recursoseducativos.net para a introdución dalgunha destas áreas.

As áreas así introducidas estarán a disposición pública de tódolos usuarios da aplicación, que poderán traballar con ela como se de calquera outra área ou materia se tratase.


Por defecto a aplicación non amosa as áreas de libre elección dos diferentes centros introducidas na aplicación polos usuarios, pero para amosalas tan só hai que activar a opción existente na parte inferior da aplicación, seguindo o proceso inverso para ocultalas. Ademais estas áreas aparecen identificadas cunha cor diferente.


Se non tes indicado no teu perfil de usuario, o código do teu centro, cando se marque esta opción amosaranse a de tódolos centros dispoñibles. Se queres que se amosen só a do teu centro deberás indicar este código no teu perfil de usuario, e verás que aparece este ó lado.