6.5 - Cualificar áreas do alumnado nun cartafol

Desde a sub-lapela "cualificar" poderás dar unha cualificación aproximada para o teu grupo de alumnos no cartafol actual. Para poder cualificar a un grupo de alumnos deberás cumprir estes criterios previos:

  • Tes que ter previamente creados na lapela "alumnado e grupos" os teus grupos de alumnos (ver punto 8 deste manual).
  • Tes que ter indicados os pesos (%) de cada instrumento agrupado para o nivel e área (Ver punto 6.1.1 deste manual)

A cualificación realizarase a partir dos instrumentos de avaliación "agrupados" na lapela programación e currículo, para o nivel e área que escollas. As cualificacións calcúlanse tendo en conta as porcentaxes de peso indicados para cada instrumento de avaliación ?agrupado?.

En canto accedas a "cualificar" (tendo en conta as premisas indicadas anteriormente), deberás escoller o grupo de alumnos/as, nivel e área que desexas avaliar

Unha vez premas o botón "cualificar alumnado" verás aparecer a seguinte pantalla na que verás a túa lista de alumnos/as, o diferentes botóns que explicamos de seguido.


En canto se prema o botón "CUALIFICAR" nun trimestre para un alumno/a concreto/a aparecerá unha nova ventá na que poderás introducir a "nota" para cada un dos instrumentos agrupados. Tan só deberás introducir as "notas" (1 a 10) para cada instrumento e automaticamente farase o cálculo da nota para o alumnado. Do mesmo xeito, se se indica unha nota de recuperación e esta é superior a cualificación inicial, será a que se teña en conta na cualificación, que neste caso aparecerá na nota de ?recuperación?


Coas notas introducidas poderás xerar dous tipos de documentos, por unha banda unha listaxe coas cualificación por trimestre, na que poderás escoller diferentes opcións: