6.4 - Adaptación Curricular Significativa (ACS)

No apartado A.C.S da lapela 'programación e currículo', poderás adaptar o currículum para xerar o modelo oficial indicado na orde de atención á diversidade. Tamén poderás adaptar só os estándares do currículo para xerar un documento que empregar na elaboración das A.C.S. (modelo só de estándares do CEIP. Antonio Magariños Pastoriza), ou ben xerar outros dous modelo completos, adaptando tamén contidos e criterios (táboa oficial do currículo sinalado con cores os cambios, e táboa que inclúa tamén os elementos orixinais).

As diferentes A.C.S. que se elaboren non van vinculadas a ningún cartafol, se ben poderá compartir cada ACS con outros usuarios se o desexas. A razón e poder 'modificar este documento' co paso dos cursos sen ter que volver a introducir os datos ou copialo con cada novo curso escolar. Por así dicilo cada A.C.S. vai asociada a un 'identificador' único para toda a etapa.

Por outra banda, para respectar a privacidade do alumnado e a confidencialidade deste tipo de documentos, todas as A.C.S. levan como nome un 'identificador' se servirá para 'localizar' unha A.C.S concreta, será o usuario quen decida o nome do identificador (que deberá crear), e quen coñeza ó alumno/a concreto ó que se refire. No documento xerado aparecerá o nome do identificador, este poderá ser trocado polo nome real do alumno empregando o documento xerado en formato odt. En ningún caso se almacena ningún dato persoal do alumno na aplicación.



Podes xestionar os identificadores (crear, cambiar ou borrar) na parte superior da caixa deste xeito



Tamén é posible copiar a ACS dunha área doutro identificador ó identificador actual, para á area e nivel escollidos nese momento, tan só premendo o botón ?copiar? na parte inferior. [ver apartado específico]


Por último poderás tamén ?traspasar' é dicir mover, un identificador a outro usuario cos que teñas a ACS compartida, tan só escollendo a opción dispoñible na parte inferior. Unha vez traspasado ese identificador pasará a ser propiedade do novo usuario e só poderás ver as súas ACS se este o comparte contigo. [ver apartado específico]


Crear e xerar a ACS co modelo oficial da orde de atención á diversidade (modelo simplificado):



Xerar a ACS cos modelos de prográmame-UDIS:

Só con estándares e avaliación inicial:


 

Con criterios, contidos e estándares:



Incluír instrumentos e procedementos na ACS (modo antigo):