6.3 - Perfil competencial

Na sub-lapela 'perfil competencial', podes escoller aqueles estándares prioritarios

determinados polo centro, que constitúen o perfil competencial de cada competencia clave.

Tan só terás que marcar aqueles prioritarios, para cada competencia e nivel, nese momento amosarase un listado cos estándares do currículum que teñen ?asociada' a competencia clave elixida. Cada unha das competencias conta cos seus procesos, aspectos relevantes ou descritores no seu interior.


Posteriormente como xa se indicará, na lapela 'xerar' poderás conseguir o documento do perfil competencial en dous formatos: incluíndo só os prioritarios marcados na aplicación (modelo empregado en primaria pola gran cantidade de estándares existentes por defecto) ou incluíndo tódolos estándares asoados a cada competencia (con independencia de que fosen ou non marcados como prioritarios). Tan só deberás marcar a opción correspondente na lapela xerar.

Tamén poderás escoller no documento a xerar se engadir a táboa dos estándares organizados por procesos/aspectos relevantes (descritores), así como a rúbrica de cada un dos proceos (no caso de estar creada).

No caso de CCL e CMCT indícanse os procesos do documento marco para avaliación de 3º e 6º de primaria, mentras que para as restantes áreas se inclúen os aspectos relevantes establecido nas recomendacións da U.E. para as competencias clave.


Cando engadas os nivel del logro para cada proceso (C) , tamén verás  a opción de crear unha rúbrica para cada un deles. Contas neste caso coa opción de crearlas automáticamente, a partir dos niveis de logro marcados en niveis superiores e inferiores. Este sistema pode servir como punto de partida para reelaboralas de forma definitiva a partir das mesmas.