6.2 - Perfil de área

A seguinte lapela, a de Perfil de Área (ver anexo I do manual), funciona de forma sincronizada coa lapela de programación, de xeito que os cambios efectuados nunha veranse na outra, a única diferencia é que no perfil de área non se amosan os campos 'instrumentos/procedementos' e a 'temporalización' e si a ponderación de peso por estándar. A finalidade e poder traballar co perfil de área nun espazo 'máis limpo', se ben pode facerse tamén desde o apartado programación.

Por defecto asígnase o mesmo peso a tódolos estándares da área, pero en canto se modifique un deles, e se prema 'gardar' automaticamente 'recalcularanse' o resto (introducidos automaticamente) ata completar o 100%. Os porcentaxes introducidos manualmente non se verán afectados pola 'cálculo'que se efectúa tras cada cambio de peso nun estándar. Estes pesos (porcentaxes) só serven para 'ordenar os estándares no perfil de área' e estarán dispoñibles só na lapela de PERFIL DE ÁREA

A filosofía sobre a que se sustenta a creación do perfil de área na aplicación e que este sexa elaborado nun cartafol común creado por un usuario 'de centro', que o comparta co resto do profesorado de xeito que poida empregar esta base de partida para crear, cada curso escolar, a súa programación didáctica anual.


No modelo de perfil de área que presenta a aplicación, ademais de ordenar os estándares por prioridades tamén se inclúen os mínimos para cada estándar. A razón de que se engadan tamén estes mínimos é que, o tratarse dun elemento que se solicita na elaboración das programacións didácticas, e que estes teñen que ser elaborados e acordados polo centro (é dicir todo o claustro); consideramos que o mellor lugar para incluílos, e así evitar ter un documento adicional de mínimos, sería engadilo no propio perfil de área. Deste xeito desde a aplicación poderán 'volcarse' estes mínimos á hora de elaborar a aplicación.

Para cada estándar, por defecto, asígnase un peso (%) que é o resultado de dividir 100 entre o número de estándares dispoñibles para o nivel e área. A idea é que, tal como se indicado Anexo I deste manual, como centro se determinen que estándares son os prioritarios nesa área e nivel e a eses se lles asigne un peso maior que o establecido por defecto, deixando que recalcule ó resto. Deste xeito obteremos un documento de perfil de área no que saían ordenados os estándares de máis a menos prioritarios, segundo se establecese nos diferentes pesos de cada un.