6.1.2.- Agrupar estándares/indicadores por tipo

Tamén poderás 'agrupar os estándares por tipo', segundo a tipoloxía que desexes crear no curso. A finalidade deste agrupamento é poder empregalo logo na creación das UDIS, onde poderás 'marcar automaticamente' tódolos estándares/indicadores que teñas asociados a cada tipo, ou tamén para xerar un documento de ponderación (punto d da programación) pero agrupado por estes tipos.


A finalidade agrupar por tipo é empregar estes 'grupos' durante a creación das UDIS á hora de engadir os estándares para cada actividade, de forma que se engadan automaticamente todos os dun grupo sen ter que ir marcándoos un a un.


Ten en conta que só aparecerán tipos para elixir en cada estándar se previamente os tes creados no botón 'xestión tipos'  en calquera estándar, en calquera deles os cambios afectarán a tódolos demais, polo que podes facelo no que 'teñas a man' en cada momento.

Tódolos tipos creados son de aplicación ó cartafol de traballo actual e non distinguen entre áreas e niveis, é dicir estarán presentes en todos eles. Do mesmo xeito, cando se copia un cartafol tamén se copian tanto os tipos como a asignación dos mesmos.

Consulta o apartado 'UDIS' deste manual, para saber como empregar estes tipos nas mesmas.