6.1.1 - Xestionar instrumentos e trimestres por estándar (sistema unificado):

Para agrupar os estándares por instrumento, e así xerar o documento para a programación con estándares agrupados ou sen agrupar, tan só tes que premer sobre o botón 'Xestionar instrumentos e trimestres' ou ben premer directamente nos trimestres ou no campo de procedementos/instrumentos.

Aqueles instrumentos con trimestres marcados aparecen sempre ó comezo da lista para unha máis doada localización. Os restantes aparecerán debaixo.

Na parte dereita da ventá de instrumentos poderás engadir os teus propios instrumentos personalizados, tan só terás que indicar o instrumento e procedemento e premer engadir. Pasará a aparecer na lista xunto ós outros, en todo o cartafol.