6.1 - Sub-lapela para a programación

Con Prográmame-UDIS poderás xerar unha parte da programación de nivel, seguindo as indicacións do esquema para a elaboración da mesma. Neste caso crearás o apartado (d) de ?temporalizar' cada estándar, indicar un mínimo e os seus instrumentos de avaliación.

A forma de escoller os procedementos/instrumentos por estándar e 'agrupándos' nos instrumentos que previamente se decidan, e asignándolle unha porcentaxe (sobre o 100%) os instrumentos creados para todo o curso.


A filosofía de uso de prográmame baséase na idea de ter creado tanto o perfil de área como competencial do centro na aplicación (ver anexo I) e cada novo curso escolar copiar os datos do mesmo a un novo cartafol, de xeito que só se teña que indicar a temporalización e os instrumentos para cada estándar, xa que os mínimos aparecerían automaticamente ó estar presentes no perfil de área dese curso (xa que foi copiado a partir do mesmo)

Desde o botón 'XERAR' poderás obter unha táboa cos datos que introduzas ben 'de modo agrupado' ou sen 'agrupar' segundo prefiras.

Adicionalmente tamén podes agrupalos por tipo para empregar estas categorías, por exemplo, na elaboración das UDIS, á hora de escoller os estándares a traballar en cada actividade dunha forma cómoda sen ter que ir un a un.